Hoxe miramos ao futuro como UFD, a distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy 

Agora, Unión Fenosa Distribución é UFD. Unha nova marca que nos axuda a transmitir mellor o que somos e a conectar cunha realidade en constante cambio. Iniciamos unha nova etapa transformándonos por fóra e por dentro para sermos aínda máis áxiles e eficientes.

Enfocámonos no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización das nosas redes eléctricas aplicando a innovación, como eixe principal do negocio de distribución de electricidade para mellorar a calidade de subministración e contribuír á evolución do conxunto do sistema eléctrico.

En UFD encargámonos da actividade regulada de distribución eléctrica do grupo Naturgy. A nosa actividade básica é a transmisión de enerxía eléctrica dende os centros de xeración e dende a rede de transporte ata os consumidores finais.

Que facemos

lista

Distribuimos electricidade nas comunidades autónomas de Galicia, Madrid, Castela-A Mancha e Castela León. 

lista

Somos o terceiro operador de distribución de electricidade en España.

listaSubministramos enerxía eléctrica a todo a aquel que nolo solicite, para cumprir así coa universalidade do servizo de subministración eléctrica.

listaMantemos e operamos as redes co compromiso de garantir o servizo en condicións de eficiencia, seguridade e calidade.

lista

Protexemos o medio ambiente, colaborando na mellora da eficiencia enerxética e na redución do consumo grazas a unha moderna rede de distribución adaptada a ámbito tecnolóxico e de xestión.

listaOs recentes investimentos realizados, sumados aos recursos dedicados á operación e mantemento, contribuíron a que a fiabilidade do servizo alcance o 99% nos últimos anos.

listaEn UFD contamos cun código de conduta para a separación de actividades.

En imaxes