UFD está certificada no seu Sistema Integrado de Xestión de Calidade, Medio Ambiente, Seguridade e Saúde coas normas UNE-EN ISO 9001 e UNE-EN ISO 14001 e o referencial OHSAS 18001.
hombre consultando folios

Sistema de calidade e medio ambiente

UFD iniciou no ano 2004 un ambicioso proxecto para a implantación, segundo a norma ISO 9001:2000, dun sistema de xestión de calidade en todos os seus procesos que culmina en 2005 coa certificación da Dirección de Rede de Alta Tensión.

Durante o período 2005-2009 estendeuse a certificación do sistema de calidade, en sucesivas etapas, á totalidade de direccións que integraban UFD, de forma que, en decembro de 2009 o conxunto de UFD atopábase certificado, con alcances parciais por direccións.

En 2010, procedeuse á certificación única do Sistema de Xestión de Calidade de UFD, conforme aos requisitos ISO 9001:2008 para todas as actividades en relación coas instalacións da rede de distribución.

Por outro lado, implantouse un Sistema de Xestión Medioambiental en UFD, culminado en 2006 coa certificación da Empresa segundo os requisitos ISO 14001:2004 para as actividades de xestión de proxectos, obras e mantemento no transporte e distribución de enerxía eléctrica. A certificación mantívose e renovouse nos anos 2007 a 2010.

Prevención de riscos laborais

Así mesmo, e conforme co RD 39/1997, en 2001 UFD incorporouse á súa xestión a regulamentación da Prevención de Riscos Laborais, realizando a auditoría legal de prevención correspondente.

Dende 2004 implantouse un Sistema de Xestión da Prevención de Riscos Laborais de acordo coa especificación OHSAS 18001:1999. En 2008 certificouse o seu Sistema de Xestión conforme ao referencial OHSAS 18001:2007. A certificación mantívose nos anos 2009 e 2010.

Sistema integrado de xestión

A partir do terceiro trimestre de 2010, levouse a cabo a integración dos tres sistemas para dar lugar ao Sistema Integrado de Xestión de Calidade, Medio Ambiente, Seguridade e Saúde de UFD, co seguinte alcance: “A distribución de enerxía eléctrica (Planificación e Arquitectura da Rede, Provisión de Servizo, Desenvolvemento de Rede, Operación da Rede, Mantemento e Control da Enerxía) nas instalacións de alta, media e baixa tensión”.

No ano 2011 obtívose a Certificación do Sistema Integrado de Xestión, emitida por AENOR co alcance citado anteriormente. No Informe final, o Organismo Certificador salienta a orientación do SIG cara á mellora dos procesos e o desempeño ambiental e a súa integración no sector de Políticas, Organización e Revisión pola Dirección.

A Certificación mantívose e renovouse, a enteira satisfacción e en anos sucesivos, de forma que UFD dispón dun Sistema Integrado de Xestión certificado conforme as normas UNE-EN ISO 9001, UNE-EN ISO 14001 e ao referencial OHSAS 18001, co alcance “Planificación, desenvolvemento e explotación da rede de distribución de enerxía eléctrica”.

Na actualidade, e dende o 1 de agosto de 2017, encóntrase vixente a certificación conforme a UNE-EN ISO 9001:2015, UNE-EN ISO 14001:2015 e OHSAS 18001:2007.