O acceso e a conexión ás redes de distribución veñen definidos pola Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os Reais decretos 1955/2000, do 1 de decembro, e o 661/2007, do 25 de maio.

Dret d’accés a la xarxa de distribució

Terán dereito de acceso á rede de distribución os produtores, os autoprodutores, os distribuidores, os comercializadores, os axentes externos e os consumidores cualificados.

O dereito de acceso dos distribuidores ás redes doutros distribuidores quedará limitado aos xa existentes e aos casos nos que sexa preciso un aumento da capacidade de interconexión, co obxecto de atender o crecemento da demanda da súa zona e conforme ao criterio do mínimo custo para o sistema.

Para poder solicitar o acceso ás redes de distribución haberase de dispoñer previamente de punto de conexión nas condicións técnicas establecidas regulamentariamente.

Este dereito só poderá ser restrinxido pola falta de capacidade necesaria, baixo criterios de seguridade, regularidade ou calidade das subministracións.

Procedemento de conexión e acceso á rede de distribución

Os axentes que desexen establecer a conexión directa dunha nova instalación á rede de distribución, ou desexen realizar unha ampliación da potencia e condicións declaradas en instalacións existentes xa conectadas á devandita rede, solicitarano ao xestor da rede de distribución da zona. Esta solicitude conterá a información necesaria para a realización dos estudos, por parte do xestor da rede de distribución da zona, para establecer a existencia de capacidade.

A avaliación da capacidade de acceso e a definición dos eventuais reforzos terán en conta os criterios de seguridade e funcionamento da rede de distribución da zona e os plans de desenvolvemento da devandita rede. Cando non se dispoña de capacidade suficiente para cumprir coas condicións expresadas polo usuario de acordo coas condicións de funcionamento e seguridade da rede, o xestor da rede de distribución da zona poderá denegar a solicitude. Esta denegación deberá quedar suficientemente xustificada e conterá propostas alternativas de acceso noutro punto de conexión ou de realización, se iso fose posible, dos reforzos necesarios na rede de distribución da zona para eliminar a restrición de acceso.

Naqueles casos nos que se susciten conflitos en relación co procedemento de conexión á rede, os devanditos conflitos someteranse á resolución do órgano competente (habitualmente a Dirección Xeral de Industria das CCAA).

Naqueles casos nos que se susciten conflitos en relación co procedemento de acceso á rede, os devanditos conflitos someteranse á resolución da Comisión Nacional de Enerxía.

Acceso á rede de distribución de consumidores e xeradores con influencia na rede de transporte

Os xestores da rede de distribución remitiranlle ao operador do sistema e xestor da rede de transporte aquelas solicitudes de acceso á rede de distribución de novas instalacións que poidan constituír un incremento significativo dos fluxos de enerxía nos nós de conexión da rede de distribución á rede de transporte ou que poidan afectar á seguridade e calidade do servizo.

Limitacións á utilización do acceso á rede de distribución

A concesión do acceso supón o dereito de utilización da rede por parte dos usuarios. Non obstante, o citado acceso poderá restrinxirse temporalmente para garantir o cumprimento dos criterios de seguridade e fiabilidade establecidos para a operación e mantemento das redes de distribución.

Condicións e prazos para o acceso ao mercado

  • Ter instalado o contador e o Interruptor de Control de Potencia (ICP) regulamentarios.
  • Ter asinado un contrato cun comercializador.
  • Se non é preciso realizar actuación sobre as instalacións:
    • Se a facturación é bimestral, pódese elixir entre 15 días despois da solicitude ou cando se realice a lectura. Comunícase directamente ao comercializador.
    • Se a facturación é mensual, o paso ao mercado realízase cando corresponda segundo o ciclo de lectura
  • Se é preciso realizar actuacións, o paso prodúcese cando:
    • Estas se realicen (nos prazos establecidos normalmente: 5 días
    • Estes prazos aplícanse para o cambio de comercializador

Conexión ás redes do distribuidor

O punto xa existe

O punto de subministración xa existe e está a ser subministrado (existen facturas á disposición do consumidor ou empresa) ou existe, pero leva tempo sen ser subministrado.

  • Neste caso, o consumidor debe subrogarse no contrato do anterior usuario.
  • Se non incrementa potencia, debe pagar dereitos de acceso á rede, posto que xa está conectado.
  • Non deberá pagar dereitos de extensión posto que xa está conectado.
  • Anote a medición que marca o contador no momento de entrada ao inmoble e comuníquea á empresa distribuidora.

Atención: Dependendo de canto tempo leve sen subministración, puideron caducar os dereitos de extensión (en subministracións domésticas: 3 anos).

Dereitos de acceso:

Páganse ao contratar unha nova subministración ou na ampliación de potencia dunha xa existente. Págaos o contratante (normalmente o consumidor)

Outros conceptos que poden aplicar:

  • Dereitos de supervisión de instalacións cedidas
  • Dereitos de enganche
  • Dereitos de verificación
  • Dereitos por actuacións nos equipos de medida e control

O punto non existe

O punto de subministración non existe.

Ao dar de alta unha nova subministración han de pagarse os dereitos de acometida, que son unha contraprestación económica que inclúe varios conceptos

  • Débese solicitar acceso á rede.
  • Débense aboar os correspondentes dereitos de acceso e extensión (1) e realizar a correspondente acometida

(1) Dereitos de extensión:

Páganse ao solicitar novas subministracións. Abóaos o solicitante (normalmente o promotor).

Criterios para a determinación dos dereitos de extensión

  • Solo urbanizado con condición soar: a empresa distribuidora está obrigada a realizar a instalación eléctrica:

– Subministracións en baixa tensión -> Pot. Máx. 100 kW

– Subministracións en alta tensión -> Pot. Máx. 250 kW

  • Solo urbanizado sen condición de soar: infraestrutura eléctrica á custa do propietario.
  • Solo non urbanizado: infraestrutura eléctrica á custa do propietario incluídas as instalacións de conexión á rede de distribución existente e os reforzos.

 

Dereitos de acceso:

Páganse ao contratar unha nova subministración ou na ampliación de potencia dunha xa existente. Págaos o contratante (normalmente o consumidor)

 

Outros conceptos que poden aplicar

  • Dereitos de supervisión de instalacións cedidas
  • Dereitos de enganche
  • Dereitos de verificación
  • Dereitos por actuacións nos equipos de medida e control