En UFD estamos a incorporar novas tecnoloxías ás nosas redes eléctricas para transformalas en redes intelixentes. As smart grids son aquelas capaces de procesar e integrar todas as accións que realizan os axentes conectadas a elas, xeradores, distribuidores e consumidores.

As redes intelixentes ou smart grids son aquelas capaces de procesar e integrar todas as accións que realizan os axentes conectadas a elas, xeradores, distribuidores e consumidores.

Cara a un sistema máis sustentable e seguro

Coas smart grids, todos os axentes adquiren protagonismo no sistema eléctrico e os pequenos consumidores deixan de ser suxeitos pasivos para converterse nunha parte activa. Esta evolución abre a porta a un modelo máis complexo, no que é posible integrar novos elementos, como o coche eléctrico ou a xeración distribuída.

Para que todos os axentes teñan protagonismo, hai que introducir elementos de “intelixencia” na rede (tecnoloxías de comunicación, control, monitorización e autodiagnóstico) que posibilitan que, xunto aos fluxos eléctricos, se transmitan fluxos de información.

Esta transformación tecnolóxica, ademais de abrir novas posibilidades aos usuarios, contribúe a facer o sistema eléctrico máis seguro, máis sostible e eficiente e capaz de ofrecer unha mellor calidade de servizo.

Redes inteligentes

Vantaxes para os usuarios

 

No caso dos consumidores finais, o elemento central das redes intelixentes é o novo contador, que substitúe os equipos actuais.

As redes intelixentes mellorarán a calidade do servizo que se presta aos usuarios e fará que sexa máis seguro e sostible. Estas son algunhas das vantaxes para os usuarios das redes:

listaConsumo á carta

O consumidor poderá obter prezos máis competitivos e maiores posibilidades de elección e xestión da enerxía.

listaMellor servizo

Contribuirán a mellorar a calidade do servizo, xa que permitirán coñecer as incidencias e traballar sobre elas con maior rapidez.

listaXestión doada

Permitirán que operacións cotiás, como altas, baixas, modificacións de potencia ou reconexións, poidan facerse de forma rápida e a distancia.

listaEficiencia e sustentabilidade

As empresas poderán ofrecer novos produtos e servizos que facilitarán aos clientes a adopción de hábitos de consumo máis eficientes e sustentables.

Páxinas relacionadas