En cumprimento do Real decreto 110/2007, polo que se aproba o Regulamento de puntos de medida do sistema eléctrico, estase a levar a cabo unha campaña de comunicación sobre a obriga de substitución de contadores, dirixida a aqueles clientes de rede cunha potencia contratada inferior a 15 kW.

Os novos equipos proporcionan aos consumidores máis información sobre a enerxía consumida, o que favorece o aforro e a eficiencia, unha lectura da enerxía con discriminación horaria que facilita a adaptación ás tarifas máis vantaxosas para os diferentes hábitos de consumo, e un mellor servizo e redución de molestias grazas á realización remota das operacións (lectura do consumo, altas, baixas, modificacións ou reconexións) de forma máis áxil.

 

O contador dixital é, no ámbito doméstico, o elemento sobre o que pivota o desenvolvemento das redes intelixentes.

Icona contador branco sobre fondo azul

Proceso de cambio

Ao longo do proceso de cambio habemos substituído 3.610.346 contadores intelixentes domésticos, o 99% dos cales está plenamente integrado no sistema de telexestión.

Cúmprese así o plan de substitución de contadores establecido pola lexislación vixente, e como compañía damos tamén un paso decisivo cara ás redes intelixentes.

Máis información para os clientes

O despregamento dos contadores intelixentes permite mellorar o servizo que prestamos aos consumidores conectados ás súas redes eléctricas.

O contador intelixente recolle os datos de consumo do cliente e transmíteos, a través do propio cable eléctrico con tecnoloxía PLC, ata un concentrador situado no centro de transformación.

Este concentrador envía a información aos sistemas da compañía distribuidora utilizando tecnoloxía sen fíos. As distribuidoras facilitan a información á comercializadora do cliente para a súa facturación e pona á disposición do usuario.

Área privada

tuluz, xestión dende dispositivos móbiles

A app tuluz é gratuita e permite aos usuarios domésticos que xa teñen un contador intelixente telexestionado consultar os datos do seu consumo eléctrico horario dende calquera dispositivo móbil. Esta ferramenta permite aos fogares coñecer como utilizan a súa enerxía de forma sinxela.

Ademais, esta aplicación incorpora unha ferramenta pioneira no sector eléctrico español, que localiza nun mapa a zona na que se están a efectuar traballos de mantemento da rede eléctrica ou incidencias que puidesen estar a provocar unha interrupción do servizo…

Dispoñible para Android, iOS e Windows:

Accede á área privada para máis información