A manipulación irregular das instalacións eléctricas constitúe, segundo os casos, un delito ou falta recollido no Código penal (artigos 255 e 623.4) que pon en grave risco a integridade física das persoas (de quen a realiza, así como de quen convive con ela e dos seus veciños) e os bens.
contadores

A fraude, ademais, representa un acto de insolidariedade, xa que a enerxía que o defraudador subtrae ao sistema recae sobre o conxunto dos clientes que si cumpren coas súas obrigas.

A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece entre as funcións das empresas distribuidoras as referidas á detección e posta en coñecemento de autoridades e clientes das situacións de fraude na rede e nos equipos de medida. O art. 87 do RD 1955/2000 habilita as empresas distribuidoras a interromper a subministración cando detectan situacións anómalas nas instalacións ou equipos de medida.

Como denunciar unha situación irregular

As denuncias sobre irregularidades na rede son importantes, porque axudan a manter a seguridade e integridade do sistema e preveñen accidentes. Podes poñer en coñecemento da distribuidora situacións anómalas a través do seguinte formulario: