O servizo de distribución pode verse afectado, de xeito excepcional, por cortes de subministración imprevistos. As avarías prodúcense por incidencias, cuxa orixe pode ser diversa: nas centrais de xeración, na rede de transporte ou distribución, ou na propia instalación do cliente.

Para resolver con maior rapidez calquera avaría, hai que detectar se se produciu na instalación do cliente ou na da empresa distribuidora.

  • Identifica os compoñentes

    Interruptor de control de potencia (ICP)

    Encóntrase xunto ao Cadro Xeral de Mando e Protección. É o encargado de controlar e limitar a potencia contratada. Se a suma das potencias conectadas simultaneamente supera a contratada, este dispositivo actuará deixando sen servizo a instalación particular.

    Interruptor xeral automático (IGA)

    Protexe de sobrecargas e curtocircuítos a instalación completa da vivenda. Trátase dun elemento de recente incorporación.

    Interruptor diferencial (ID)
    Protexe e desconecta a instalación eléctrica de forma rápida cando existe unha derivación a terra, para protexer as persoas.

    Pequenos interruptores automáticos (PIA)

    Protexen dos incidentes producidos polos curtocircuítos e sobrecargas en cada un dos circuítos interiores (iluminación, calefacción, electrodomésticos, etc.). O número de PIA dependerá do grao de electrificación ou da complexidade da instalación eléctrica da vivenda ou local. 

  • Información sobre Interruptores Diferenciais

    Durante estes últimos anos houbo un gran cambio nos electrodomésticos e resto de equipos que se foron introducindo a nivel doméstico nas vivendas.

    Sobre todo a incorporación de receptores con compoñentes electrónicos como as reactancias electrónicas para iluminación, variadores electrónicos de intensidade luminosa, arrincadores electrónicos, fontes de alimentación CA/CC, variadores de frecuencia (instalados en ordenadores, lámpadas de baixo consumo, aires acondicionados, TV, etc.) que provocan numerosos disparos intempestivos dos Diferenciais.

    Para adaptarse a estes novos receptores e evitar no posible os disparos intempestivos os Interruptores Diferenciais foron evolucionando para mellorar o seu funcionamento.

    Clase de diferencial doméstico

    icona check laranxa Diferenciais clase AC 

    Non é apto para instalacións con receptores electrónicos que hoxe en día son case todas as subministracións industriais e domésticas…º 3.5 ITC-24 RBT. Non están permitidos en Alemaña nin Suíza EN61008 e EN61009 ANEXO ZB). Os primeiros dispositivos diferenciais que saíron ao mercado eran os de clase AC, sensibles só a correntes de fugas alternas. Tamén incorporaban protección ante determinadas sobretensións transitorias de tipo atmosférico e de manobra (conexión e desconexión de circuítos). Ata que empezaron a incorporarse nas redes variadores de frecuencia, arrincadores electrónicos, ordenadores, etc., que poden ter fugas de correntes continuas pulsantes (correntes alternas rectificadas) con ou sen compoñente continua superposta que son tan perigosas como as alternas. Estas correntes con ou sen compoñente continua superposta provoca tensións perigosas para a persoa que non son detectadas por esta clase de diferencial.

    icona check laranxa Diferenciais clase A 

    É apto para instalacións con receptores electrónicos art.º 3.5 ITC-24 RBT. Para resolver os problemas enunciados anteriormente, de non actuación polas fugas de correntes continuas pulsantes con ou sen compoñente continua, utilízase o diferencial de clase A, que mellora o seu núcleo magnético, co obxecto de que sexa capaz de detectar estas correntes.

    icona check laranxa Diferenciais clase A de Alta Inmunización 

    Por exemplo os Diferenciais clase AP-R de ABB, RGE-R de Circutor ou o Superinmunizado (SI) de Schneider.

     

    Malia a se teren utilizado en instalacións con elementos electrónicos diferenciais clase A, continúanse producindo disparos intempestivos en instalacións sometidas a fortes cargas de elementos electrónicos, como poden ser as reactancias electrónicas de iluminación, variadores de velocidade, arrincadores electrónicos e gran cantidade de ordenadores. Ademais dunha falta de seguridade polo bloqueo do disparo ou cegado do diferencial ante correntes de fuga de alta frecuencia, impedindo que este actúe en presenza doutros defectos que si son perigosos para as persoas.

    Para evitar estes problemas, polo xeral este tipo de diferenciais incorporan:

    icona check laranxa Uns filtros de alta frecuencia, que evitan o cegado do diferencial, así como o disparo intempestivo debido á cantidade de equipos emisores de alta frecuencia acumulados debaixo de cada diferencial.

    icona check laranxa Tamén incorpora un circuíto de acumulación de enerxía que incrementa substancialmente a súa protección ante sobretensións transitorias o que permite superar sen disparo a gran maioría de sobretensións transitorias provocadas polas descargas atmosféricas e de manobra, discriminándoos dun defecto real, de tal forma que ata que este non sexa real non efectúa a apertura.

    icona check laranxa A súa curva de disparo aproxímase aos límites que marca a Norma 61008-1.

    A instalación de Diferenciais clase A Inmunizados reducen substancialmente os disparos intempestivos e melloran a seguridade para as persoas evitando o bloqueo (non disparo) do Diferencial ante a fuga de CC pulsante ou fugas de alta frecuencia.

     

    Atendendo á Guía-BT-25 do Regulamento Electrotécnico para BT recoméndase a utilización de máis dun interruptor diferencial

    icona check laranxaPara evitar que un único diferencial desconecte certos aparellos como equipos informáticos, frigoríficos e conxeladores. Para este tipo de circuítos é conveniente prever unha protección diferencial individual.

    icona check laranxa Colocarase, como mínimo, un interruptor diferencial por cada cinco circuítos instalados.

    icona check laranxaEn caso de disparos intempestivos frecuentes e despois de comprobar que non se debe a fallas de illamento ou desaxuste do diferencial:

    1. Separar do resto o circuíto da cociña e forno ou o do aire acondicionado.
    2. Substituír o diferencial que dispara por un de tipo rearmable.

    icona check laranxa Electrificación de terraza ou xardín. Un diferencial independente do dos circuítos interiores.

    Tamén se recomenda

    Para evitar a instalación de lonxitudes longas de cable baixo un só diferencial, reducindo a intensidade de fuga a terra capacitiva de tipo transitorios (manobras de BT) ou permanentes de alta frecuencia (correntes harmónicas).

     

    Recomendacións para garantir a seguridade das persoas

    1. Premer test do diferencial 1 vez ao mes.
    2. Asegurar unha boa posta a terra que garanta a continuidade da corrente en caso de defecto (liñas de terra e electrodos).
    3. Manter un illamento correcto xa que define a capacidade e o illamento da instalación.
    4. Boa conexión entre o condutor de terra e a masa do receptor para evitar tensións perigosas para as persoas.
    5. Asegurar a continuidade do bucle de terra entre o circuíto de terra e as masas metálicas.
  • Comprobacións iniciais

    lista

    Unha vez identificados os compoñentes, se se encontra algún elemento do cadro baixado, débese subir.

    Se non volve saltar ningún dispositivo, o problema está solucionado.

    Se, pola contra, algún dispositivo volve baixarse, deben continuar as comprobacións.

     

    lista

    Desconectar ou baixar todos os elementos: Interruptor Xeral (IGA), o Interruptor Diferencial (ID) e os PIA.

    A continuación hai que conectar o Interruptor de Control de Potencia (ICP). Se aínda se dispara, malia ter todo desconectado, hai que chamar o 900 333 999.

    Se non se dispara o ICP, hai que conectar o Interruptor Xeral Automático (IXA). Se este se dispara, significa que existe unha avaría nalgún punto da instalación, polo que será necesario chamar un instalador electricista autorizado.

    Se non se dispara o IXA, conectar a continuación o Interruptor Diferencial (IDE). Se este se dispara, significa que existe unha avaría por derivación na instalación e tamén será necesario poñerse en contacto cun instalador electricista autorizado.

    Se non se dispara o IDE, conectar os Pequenos Interruptores Automáticos (PIA) un a un. Se se dispara algún PIA, significa que existe unha avaría no circuíto correspondente, e tamén será necesario poñerse en contacto cun instalador electricista autorizado.

    Se non se dispara ningún PIA, pódense conectar os receptores (luz, electrodomésticos, caldeira,…) un a un ata localizar a avaría. Se ao conectar un receptor se desconecta o PIA, significa que o receptor está avariado e debe ser reparado.

     

    listaSe aínda así non se localiza a avaría, hai que poñerse en contacto cun instalador particular.

    Xeralmente, cando nunha vivenda está todo conectado e salta o ICP, débese a que a potencia demandada polos equipos eléctricos é maior que a potencia contratada.

    Unha solución temporal é desconectar algúns aparatos para reducir a potencia demandada para evitar que salte o ICP. Para poder conectar todos os aparatos de forma simultánea, será necesario solicitar o aumento da potencia contratada a través dun Comercializador.

  • Como actuar

    Unha avaría na rede debe comunicarse a través do teléfono 900 333 999 no mesmo momento en que se detecte:

    listaUnha zona sen servizo.

    listaUn edificio parcial ou totalmente sen servizo.

    listaIncidencias en instalacións eléctricas ou calquera outra situación que entrañe perigo.

    No momento en que unha avaría é detectada (ben polos sistemas propios da compañía, ben pola comunicación dos clientes), ponse en marcha un dispositivo para recuperar o servizo o antes posible.

    Unha vez que o equipo de mantemento chega ao lugar da avaría, avalía o problema e estima o tempo que tardará en resolvela. De feito, se a configuración da rede o permite, restablecerase o servizo a través doutras subestacións, liñas ou centros de transformación que non están afectados pola avaría antes de iniciar a súa reparación, para que os clientes teñan subministración durante esta.

    En situacións de emerxencia por causas atmosféricas, a nosa compañía traballa en coordinación con outros servizos de emerxencia que establecerán os protocolos pertinentes para cada situación.

  • Consellos

    Ante un apagamento, recoméndase seguir os seguintes consellos:

    listaÉ conveniente ter dispoñibles lanternas e pilas de reposto, evitando o uso de candeas para reducir o risco de incendio.

    listaNon abrir o frigorífico nin o conxelador, para conservar o frío e preservar os alimentos.

    listaPara evitar que se estraguen os aparatos cando volva o servizo, convén desenchufalos ata que este se repoña.

    listaPor seguridade, non tocar o cadro eléctrico nin accionar calquera dos seus mecanismos coas mans molladas ou húmidas.