Que son?


Os códigos de rede son un conxunto de normas non discriminatorias establecidas no Regulamento (CE) n.º 714/2009 para regular o acceso á rede de electricidade.

Teñen o obxectivo de garantir o bo funcionamento do mercado interior de electricidade establecendo uns requisitos técnicos mínimos de deseño e operación para a conexión ao sistema.

Conforman unha interpretación común dos requisitos aplicables ás instalacións afectadas de forma que sexa unha contribución ao mantemento, conservación e restablecemento da seguridade da rede e así facilitar o bo funcionamento do mercado interior de electricidade.

Códigos de rede en materia de conexión

Código de rede sobre requisitos de conexión de xeradores á rede

Regulamento UE/2016/631

Código de rede sobre requisitos de conexión da demanda

Regulamento UE/2016/1388

Código de rede sobre requisitos de conexión á rede de sistemas de alta tensión en corrente continua e módulos de parque eléctrico conectados en corrente continua

Regulamento UE/2016/1447

Os regulamentos englobados dentro dos códigos de rede quedan abertos a propostas de implantación. Para iso, en España establecéronse grupos de traballo compostos por diversos axentes do sector enerxético.

A finais de 2016 creáronse diferentes grupos de traballo específicos para definir os requisitos técnicos abertos para cada código de rede de conexión en España. Durante o ano 2018, os xestores da Rede de Transporte e Distribución enviaron ao Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital as súas propostas de implantación nacional para a súa revisión.

En 2019, os xestores da Rede de Transporte e Distribución publicaron a Norma técnica de supervisión de xeradores para avaliar a supervisión da conformidade dos Módulos de xeración de electricidade segundo o Regulamento UE/2016/631 e a proposta do novo Real decreto e Orde ministerial.

Propuesta Certificado Final MGE para significatividad TIPO A