A Circular 1/2024 do 27 de setembro regula no seu Anexo I e Anexo II o contido das solicitudes de acceso e conexión segundo o procedemento xeral e abreviado.

A entrada en vigor o 12 de xaneiro de 2025 da devandita Circular determina que, para que a solicitude sexa admitida a trámite, precisaremos a información adicional que establece a regulación sobre o punto de subministración, de forma adicional aos campos xa habilitados na Área Privada de UFD para solicitar acceso e conexión, co fin de recoller os datos de identificación do solicitante, a capacidade de acceso solicitada, identificación da localización da instalación e a necesidade ou non de orzamento de extensión Son os seguintes:

Procedemento xeral

 

1.Autorización do titular (propietario) ao representante (solicitante)

No caso de que o solicitante coincida co propietario, anexarase o documento que identifique que son coincidentes, e achegarase:

  • ome e apelidos do solicitante e propietario
  • NIF ou número de pasaporte
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo de correo electrónico

No caso de que o solicitante NON coincida co propietario, anexarase a autorización do propietario, e achegarase:

  • Nome e apelidos do propietario e da persoa á que autoriza como solicitante
  • NIF ou número de pasaporte do propietario e da persoa á que autoriza como solicitante
  • Teléfono de contacto do solicitante
  • Enderezo de correo electrónico do solicitante

2. Para os casos que non sexan planeamentos urbanísticos, entregarase a Memoria técnica descritiva da instalación do novo consumo eléctrico que conteña:

  • Tipoloxía de instalación.
  • Datos técnicos:
    • número de subministracións
    • uso final
    • tipo de solicitude
    • potencia instalada unitaria por subministración.
    • Se ten elementos de acumulación, a descrición das características técnicas.
    • Número de puntos de recarga e a súa potencia unitaria.
    • En solicitudes de potencia superior a 20 MW, os perfís de funcionamento esperado.
  • Datos técnicos adicionais se incorpora xeración asociada:
    • capacidade solicitada para o consumo e para a xeración
    • esquema unifilar simplificado co que poida comprobarse o cumprimento das condicións aplicables na normativa vixente ás instalacións de autoconsumo.
  • Proposta de localización e definición do elemento fronteira
    • Se BT, achegarase o plano de situación da Caixa Xeral de Protección (CGP)

3. Para o caso de planeamentos urbanísticos dunha ou máis parcelas, achegará:

  • Plano de urbanización.
  • Parámetros da ordenación urbanística (fichas de planeamento).
  • Parámetros do sector:
    • edificabilidade máxima do sector
    • superficie do sector e superficie computable do sector
    • índice de edificabilidade bruta do sector
    • densidade máxima de vivendas
    • reserva de vivenda protexida, reserva dotacional e zonas verdes
    • ratios W/m2 industria
    • asignación de potencia e tensión por parcela
  • Parámetros da parcela ou edificación, indicando, como mínimo:
    • tipo de consumo (vivendas, industria, comercial, dotacional, zonas verdes…)
    • asignación de potencia e o

nivel de tensión nivel de tensión proposto de alimentación

  • necesidade ou non de prever unha potencia mínima para unha posible alimentación alternativa en BT.
  • Para o caso de vivendas, detallarase o número de vivendas e o seu nivel de electrificación
  • Nos casos de conexión a redes de baixa tensión, o plano coa proposta de localización da Caixa Xeral de Protección (CGP).
  • Acreditación do axente urbanizador seleccionado dentro do planeamento ou responsable da actuación urbanizadora.

4.Plano de localización e características de local/terreo para CT/CS cando sexa previsible a necesidade da súa instalación e cesión a UFD

5.Declaración responsable de que a instalación cumprirá coa normativa de calidade da onda e os consumidores deberán adoptar as medidas necesarias para que as perturbacións emitidas polas súas instalacións receptoras estean dentro dos límites establecidos, de acordo co previsto no apartado 3 do artigo 104 do RD 1955/2000.

6.Contrato de propiedade ou de arrendamento, acordo de uso da parcela, ou precontrato que condicione a compra ou o arrendamento á obtención do permiso de acceso

7.Documento do órgano competente no que se indique que a garantía económica regulada no art. 23 bis do RD 1183/2020 do 29 de decembro, está adecuadamente constituída. Ademais, achegarase a copia do resgardo acreditativo de depositar a devandita garantía coa información regulada no citado artigo 23 bis

Procedemento abreviado

 

Se a potencia solicitada é ≤15 kW en BT e se trata de terreo non urbano, a solicitude débese realizar mediante o procedemento abreviado.

1. Autorización do titular (propietario) ao representante (solicitante)

No caso de que o solicitante coincida co propietario, anexarase o documento que identifique que son coincidentes, e achegarase:

  • ome e apelidos do solicitante e propietario
  • NIF ou número de pasaporte
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo de correo electrónico

No caso de que o solicitante NON coincida co propietario, anexarase a autorización do propietario, e achegarase:

  • Nome e apelidos do propietario e da persoa á que autoriza como solicitante
  • NIF ou número de pasaporte do propietario e da persoa á que autoriza como solicitante
  • Teléfono de contacto do solicitante
  • Enderezo de correo electrónico do solicitante

2. Memoria técnica descritiva da instalación do novo consumo eléctrico que deberá presentar o seguinte:

  • Tipoloxía de instalación.
  • Datos técnicos:
    • número de subministracións
    • uso final
    • tipo de solicitude
    • potencia instalada unitaria por subministración.
    • Se ten elementos de acumulación, a descrición das características técnicas.
    • Número de puntos de recarga e a súa potencia unitaria.
    • En solicitudes de potencia superior a 20 MW, os perfís de funcionamento esperado.
  • Datos técnicos adicionais se incorpora xeración asociada:
    • capacidade solicitada para o consumo e para a xeración
    • esquema unifilar simplificado co que poida comprobarse o cumprimento das condicións aplicables na normativa vixente ás instalacións de autoconsumo.
  • Proposta de localización e definición do elemento fronteira
    • Se BT, achegarase o plano de situación da Caixa Xeral de Protección (CGP)

Distribuidores / Redes distribución pechadas

 

  1. Autorización do titular (propietario) ao representante (solicitante)

No caso de que o solicitante coincida co propietario, anexarase o documento que identifique que son coincidentes, e achegarase:

  • Nome e apelidos do solicitante e propietario
  • NIF ou número de pasaporte
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo de correo electrónico

No caso de que o solicitante NON coincida co propietario, anexarase a autorización do propietario, e achegarase:

  • Nome e apelidos do propietario e da persoa á que autoriza como solicitante
  • NIF ou número de pasaporte do propietario e da persoa á que autoriza como solicitante
  • Teléfono de contacto do solicitante
  • Enderezo de correo electrónico do solicitante
  1. Proposta de nó da rede.
  2. As cargas máximas previstas no punto de conexión no punto fronteira.
  3. Demanda e xeración esperada agregada con perfís de funcionamento con horizonte temporal de polo menos tres anos.
  4. Motivo da solicitude.
  5. No caso de redes de enerxía eléctrica pechadas, a autorización administrativa da rede de distribución pechada segundo o Real decreto 314/2023, do 25 de abril.