Completa o proceso de 2 pasos para facer a cesión dunha instalación particular

Solicita coñecer o interese de UFD na cesión da túa instalación particular.
Se es o titular dunha instalación eléctrica que queres ceder e desexas coñecer o interese de UFD na cesión das túas instalacións para que fagan parte da nosa rede, completa o formulario. Analizaremos as instalacións da túa solicitude e comunicarémosche se estamos interesados na cesión das túas instalacións particulares.

Achega a documentación para tramitar a cesión da túa instalación.
Se xa che comunicamos que estamos interesados na cesión das túas instalacións particulares, escolle unha das opcións que se mostran segundo a natureza do titular e achega a documentación que se solicita no formulario para que poidamos tramitar a cesión das instalacións. Cando cubras o formulario, poderás elixir unha destas tres tipoloxías:
· Instalación propiedade do organismo público.
· Instalación propiedade da compañía ou sociedades.
· Instalación propiedade de persoas físicas