Na maioría das subministracións de electricidade, a propiedade do equipo de medida ou contador é de UFD, e ti como cliente pagas un importe mensual na túa factura baixo o concepto de alugamento do equipo. Noutros casos, pola contra, o cliente é propietario do equipo de medida.
Se desexas realizar calquera cambio na propiedade destes equipos de medida, tanto se queres deixar de ser o propietario, coma se queres asumir a propiedade, tes que enviarnos unha solicitude, enchendo o seguinte formulario.
Lembra…
se decides asumir a propiedade do equipo, deixarás de pagar o prezo do alugamento, pero tendrás que disponer de un equipo homologado y mantenerlo conforme con la normativa que aplica, en buen estado y actualizado para que transmita correctamente los datos de tus medidas de consumo y/o generación. En caso de que nós sexamos os propietarios, non te preocupes de nada, encargarémonos de todo.
Contámosche que pasos tes que seguir!
Como xestionamos o cambio de propiedade dun equipo de medida?
Cubre o formulario de solicitude
Tes que indicarnos se queres empezar a ser propietario do teu equipo de medida ou se, pola contra, queres deixar de selo e que asumamos nós a propiedade. Enche todos os campos do formulario, nós irémosche indicando que documentación tes que achegar. Se tes dúbidas, recomendámosche que consultes cun instalador autorizado.
Procesamos a túa solicitude
Se temos dúbidas sobre a documentación achegada ou necesitamos información adicional, porémonos en contacto contigo a través do correo electrónico ou o teléfono que nos indicases na túa solicitude.
Acudimos a verificar a túa instalación
En caso de que nos solicitases empezar a ser propietario do teu contador, necesitamos comprobar que o teu novo equipo cumpre cos requisitos técnicos e está correctamente instalado; se todo vai ben, retiraremos o equipo de UFD e precintaremos o novo. Por outro lado, en caso de que nos solicitases que asumamos nós a propiedade, necesitamos verificar que a túa instalación eléctrica é correcta para poder colocar o noso novo contador.
Respondémosche
Nun prazo máximo de 15 días naturais dende que nos envíes a solicitude, se todo foi ben, indicarémosche que temos resolta a túa petición. No caso contrario, informarémoste do que impediu realizala e pedirémosche que volvas abrir unha nova solicitude.
Formulario de solicitude
Selecciona a modalidade que máis che interesa.
Lexislación vixente
- Real Decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico.
- Lei 32/2014, de decembro, de metroloxía.
- Real Decreto 244/2016, do 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía.
- Orde ICT/155/2020, de febreiro, pola que se regula o control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos de medida.