Ás veces, de xeito excepcional, é posible que te vexas afectado un corte de luz imprevisto. As incidencias poden producirse por diversas causas e, para poder resolvelas con maior rapidez, primeiro hai que detectar se se produciu na túa instalación particular ou na rede eléctrica.
Para iso, a continuación, explicámosche paso a paso que comprobacións tes que facer na túa instalación e como tes que actuar en cada caso.
Antes de nada, comproba se hai luz nos seguintes lugares:
Se algunha das túas respostas é NON, a avaría podería estar na rede eléctrica de UFD e, por iso, é necesario que contactes connosco, chama gratis ao noso teléfono de avarías 900 333 999.
Ademais, cando se produzan incidencias a causa de temporais de choiva, vento ou neve, poñemos á túa disposición un espazo exclusivo, con consellos e recomendacións, información meteorolóxica actualizada, datos e un mapa sobre a afectación da subministración eléctrica na zona, así como os medios materiais e humanos que estamos a empregar para solucionar as avarías.
Nese mesmo espazo, tamén habilitamos un formulario para que poidas comunicarnos a túa incidencia nuns poucos clics.
En moitos casos, somos nós os que detectamos a avaría na rede a través dos nosos propios sistemas.
En calquera caso, sempre que se produce unha incidencia na rede, deseguida poñémonos en marcha! Porque sabemos que quedar sen luz é un gran problema e, por iso, non descansamos ata que conseguimos restablecer o servizo o antes posible.