Dixitalizamos a enerxía
Co obxectivo de dar resposta aos desafíos que formula o novo panorama enerxético, en UFD estámonos a transformar mediante a automatización e a explotación intelixente das nosas redes de distribución, baseada nun alto nivel de telecontrol e sensorización das nosas instalacións en xeral e dos puntos de subministración en particular, grazas aos contadores intelixentes.
O noso alto nivel de tecnificación e dixitalización permítenos xestionar unha rede de redes constituída por unha combinación intelixente de electrotecnia, telecomunicacións, electrónica de potencia e de control, sensorización, automatización e sistemas de información e control, cos que dotamos, á nosa rede de mecanismos de flexibilidade para xestionar unha xeración e demanda cada vez máis distribuídas e dinámicas.
Ademais, seguimos evolucionando a nosa Plataforma Dixital de Servizos como espazo onde os usuarios poden realizar todas as súas xestións dende calquera dispositivo, a calquera hora e dende calquera lugar, e como principal punto de contacto entre os diversos axentes do sistema eléctrico.
Creamos o futuro da electricidade
Redes intelixentes
Estamos a incorporar novas tecnoloxías ás nosas redes eléctricas para transformalas en redes intelixentes, capaces de procesar e integrar todas as accións que realizan os axentes conectados a elas como xeradores, distribuidores e consumidores.
Drones e IA
Inspeccionamos as nosas liñas eléctricas mediante o uso de drones con voo fóra do alcance visual e o procesado das imaxes a través de Intelixencia Artificial.
Supervisión remota
Supervisamos a nosa rede de distribución de forma remota aplicando a tecnoloxía da suite de Microsoft Azure IoT para a recompilación e análise de datos, e a instalación de sensores que aproveitan o potencial da nube para realizar unha análise en tempo real.
Talla e poda intelixente
Realizamos unha xestión intelixente da masa forestal dende un enfoque altamente tecnolóxico mediante o uso dun xemelgo dixital, un software de data analytics e unha app de xeolocalización. Á vez, aplicamos solucións tradicionais como o uso de gando autóctono para limpar a masa forestal.
Centros de transformación
Operamos a rede e os nosos centros de transformación de forma automatizada, a través de miles de elementos telecontrolados e supervisores avanzados que nos permiten obter información en tempo real.
Telexestión en tempo real
Telexestionamos de forma remota e en tempo real as operacións de mantemento e construción de redes e subestacións, dende un centro de eficiencia con visión agregada dos sistemas de información e procesos de xestión totalmente dixitalizados.