En UFD, consideramos a seguridade das persoas unha prioridade. Por iso, aquí encontrarás consellos e recomendacións para previr riscos cando desenvolvas actividades ou traballos preto de liñas ou instalacións eléctricas, para que tomes todas as precaucións. E recorda: non asumas ningún risco, porque nada é máis importante que a seguridade.

Contactos

En caso de dúbida, paraliza a túa actividade e ponte en contacto con UFD no teléfono gratuíto 900 111 999. En caso de emerxencia, ponte rapidamente en contacto co 112.