Tipoloxía de certificados

Cal é o que necesitas?

Certificado de predio electrificable

Certificado no que indicamos que un determinado predio é susceptible de ser electrificado, para que un terceiro poida obter a licenza de obra dun Concello.

Certificado de predio electrificado

Certificado no que indicamos que un determino predio está electrificado, posto que finalizamos os traballos para a súa conexión á rede. Adoita ser necesario para conseguir licenzas de primeira ocupación e cédulas de habitabilidade.

Autorización para solicitude de licenzas

Certificado no que indicamos que o cliente executará os traballos de extensión de rede en lugar de facelo UFD. Para poder solicitalo, é necesario que o expediente da solicitude estea pagado. En caso contrario, terase que pagar antes de solicitalo.

Certificado de Centro de Transformación con Acta de Posta en Marcha

Certificado no que indicamos que as instalacións eléctricas necesarias para poder realizar a conexión á rede dunha subministración teñen os permisos en regra para a súa posta en marcha. Para poder solicitalo, é necesario que as instalacións eléctricas estean legalizadas.