Recoñecementos, selos e certificacións de UFD
UFD iniciou no ano 2004 a implantación do seu sistema de xestión de calidade e obtivo a súa primeira certificación en 2005; en anos sucesivos seguimos traballando para implantar tamén un sistema de xestión ambiental, certificado por primeira vez en 2006, e de xestión da seguridade e saúde, certificado por primeira vez en 2008. En 2010 integráronse todos os sistemas e, en 2011, obtívose a certificación do sistema integrado de xestión de acordo coas normas ISO 9001, ISO 14001 e ISO 45001.
Seguimos traballando na mellora do noso sistema integrado de xestión adaptándonos aos cambios normativos, aos cambios do noso contexto e ás necesidades e expectativas das nosas partes interesadas.
ISO 14001
Certificación do Sistema de Xestión Ambiental para a planificación, desenvolvemento e explotación da rede de distribución de enerxía eléctrica.
ISO 45001
Certificación do Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no traballo para a planificación, desenvolvemento e explotación da rede de distribución de enerxía eléctrica.
ISO 9001
Certificación do Sistema de Xestión de Calidade para a planificación, desenvolvemento e explotación da rede de distribución eléctrica.
Recoñecementos, selos e certificacións do Grupo Naturgy
Incluída no índice de sostibilidade dende o seu lanzamento en 2001. FTSE Russell elabora unha serie de Índices FTSE4Good sobre criterios ESG, onde inclúe as empresas que alcanzan limiares específicos en relación ás súas prácticas ambientais, sociais e de goberno.
Líder mundial, coa máxima valoración posible, pola súa acción fronte ao cambio climático.
Máxima valoración (AAA). Presente en Climate change Index e en ESG leaders index. MSCI desenvolve anualmente índices que valoran a ámbito mundial diferentes aspectos relevantes para os investimentos de capital. Entre outros, as compañías son avaliadas sobre criterios ESG.
No top 5 das utilities avaliadas. Sustainalytics elabora anualmente un informe líder a ámbito global sobre criterios ESG (Environmental, Social e Governance). Incluíndo e cualificando, por sectores produtivos, as compañías que mellor contribúen a unha economía xusta e sustentable.
Presentes nas variantes Europe 120 e Eurozone 120. Vigeo Eiris é unha axencia de clasificación especializada en investimento socialmente responsable que, cada dous anos, elabora índices rexionais coas empresas máis avanzadas en responsabilidade corporativa. Mantemos a puntuación outorgada pola axencia Vigeo Eiris en 2018.
Dentro do 20% de empresas con mellor puntuación. ISS ESG Research analiza empresas e países con respecto ao seu desempeño ambiental e social, incluído goberno e ética corporativa. Ademais elabora un informe bianual de cualificación.
Somos a primeira compañía en todo o mundo en obter o Certificado efr Global, que recoñece os logros acadados no equilibrio da vida persoal e profesional dos empregados para posibilitar o seu desenvolvemento humano e social.
Acredita a implantación dun sistema de xestión que promove e protexe a saúde, o benestar e a seguridade dos empregados.