Unha empresa sostible é aquela que crea valor económico, ambiental e social a curto e longo prazo, contribuíndo deste xeito ao aumento do benestar e ao auténtico progreso das xeracións presentes e futuras.

En UFD, como parte do grupo Naturgy, somos conscientes do impacto das nosas accións sobre as persoas e os ámbitos cos que estamos en contacto e, por iso, establecemos uns compromisos que garantan o seu benestar.

Ambiente
Ler máis
Responsabilidade corporativa
Ler máis
Coa
sociedade
Ler máis
Comunidade
e patrocinio
Ler máis

As nosas actuacións

 

Como distribuidora de electricidad, ponemos especial foco en el desarrollo de nuestra política de medio ambiente.

Cambio climático e transición enerxética

Impulsamos a dixitalización das redes eléctricas, elemento clave para a transición enerxética, e axudamos os nosos usuarios a utilizar a enerxía de forma máis sostible.

Gases de efecto invernadoiro

Todas as operacións nas que se manipulan equipos con hexafluoruro de xofre (SF6) son realizadas por persoal debidamente certificado e utilizando o equipamento máis avanzado do mercado para minimizar as fugas. Ademais, priorizamos a rexeneración do SF6 que resultou non apto para o seu uso en equipos eléctricos. Participamos no acordo voluntario para un uso sostible do SF6, subscrito coa Oficina Española de Cambio Climático (OECC) e en colaboración con empresas do sector, fabricantes e xestores de residuos.

Economía circular e ecoeficiencia

Impulsamos a economía circular para mellorar o noso modelo de consumo e desenvolvemento.

Residuos

Estamos inmersos nun importante plan de redución de residuos orixinados nas operacións de construción e mantemento da nosa rede de distribución eléctrica, incorporando procesos de valorización e reciclaxe.

Capital natural e biodiversidade

Compatibilizamos as nosas actividades coa conservación da biodiversidade e o capital natural.

Proxecto de colaboración

Participamos en grupos de traballo con ONGs e entidades ambientais para a mellora da biodiversidade, con actuacións como a adecuación de instalacións para protexer a avifauna ou a restauración de casetas de transformadores en desuso para crear lugares de reprodución e refuxio para especies silvestres.

Goberno e xestión ambiental

Contamos coas ferramentas, organización e rigorosos procedementos de traballo para asegurar o cumprimento dos nosos compromisos de sostibilidade.

Ferramentas e metodoloxías

Todas as nosas actuacións lévanse a cabo empregando potentes ferramentas e/ou metodoloxías de xestión ambiental que facilitan o control dos parámetros ambientais, como o sistema de normativa ambiental (Themis), o control de riscos de avifauna (CRA) e o sistema ambiental de distribución (SMD).

Certificacións

ISO 14001

Certificación do Sistema de Xestión Ambiental para a planificación, desenvolvemento e explotación da rede de distribución de enerxía eléctrica