Hoxe miramos ao futuro como UFD, a distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy

Unha nova marca que nos axuda a transmitir mellor o que somos e a conectarnos cunha realidade en constante cambio.



Iniciamos unha nova etapa transformándonos por fóra e por dentro para sermos aínda máis áxiles e eficientes.
Enfocámonos no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización das nosas redes eléctricas aplicando a innovación, como eixe principal do negocio de distribución de electricidade para mellorar a calidade de subministración e contribuír á evolución do conxunto do sistema eléctrico.
En UFD encargámonos da actividade regulada de distribución eléctrica do grupo Naturgy. A nosa actividade básica é a transmisión de enerxía eléctrica dende os centros de xeración e dende a rede de transporte ata os consumidores finais.


Que facemos
Distribuimos electricidade nas comunidades autónomas de Galicia, Madrid, Castela-A Mancha e Castela León.
Somos o terceiro operador de distribución de electricidade en España.
Subministramos enerxía eléctrica a todo a aquel que nolo solicite, para cumprir así coa universalidade do servizo de subministración eléctrica.
Mantemos e operamos as redes co compromiso de garantir o servizo en condicións de eficiencia, seguridade e calidade.
Protexemos o medio ambiente, colaborando na mellora da eficiencia enerxética e na redución do consumo grazas a unha moderna rede de distribución adaptada a ámbito tecnolóxico e de xestión.
Os recentes investimentos realizados, sumados aos recursos dedicados á operación e mantemento, contribuíron a que a fiabilidade do servizo alcance o 99% nos últimos anos.
En UFD contamos cun código de conduta para a separación de actividades:
Código de conduta
En UFD temos un código de conduta para a separación de actividades:
Código de conduta de actividades reguladas de Unión Fenosa Distribución, SA
Responsabilidade corporativa
UFD, como empresa do grupo Naturgy, desenvolve a súa actividade respectando os compromisos establecidos na Política de Responsabilidade Corporativa do Grupo Naturgy.