



Antes de iniciar as obras…
- Debes informarche sobre os cables existentes na zona. Podes facelo na páxina web www.inkolan.com
- Asegúrache de que as persoas que manexen maquinaria de escavación ou demolición, dispoñen da información necesaria sobre cables eléctricos subterráneos existentes na zona de obras.
- Marca a traza do cable.
- Localiza os cables a través de catas de proba a man. Non fagas demolicións nin escavacións ata telos localizados.
- En caso de dúbida ponche en contacto con UFD.
Durante as obras, avisa a UFD se…
- Necesitas descubrir un cable, para adoptar as medidas de protección específicas.
- Tes que realizar pilotaxes ou perforacións, para evitar danos nas instalacións.
- A apertura de gabias en obras que se realizan a máquina debe ser dirixida por persoal autorizado en Risco Eléctrico segundo RD 614/2001, que indicará ao maquinista os puntos de apertura.
En caso de accidente eléctrico…
- Evacua a todo o persoal próximo ao cable danado.
- Non permitas que ninguén se achegue á maquinaria que realizou a perforación.
- Espera as instrucións de UFD.
- Avisa ao 112.

Lembra!
As bandas de cor amarelada e placas plásticas indican a proximidade dun cable eléctrico en tensión.

Lembra sempre que…
- Existen placas plásticas ou cinta de sinalización que indican a proximidade de cables subterráneos. A menos de 50 cm do cable só se poderá traballar con medios manuais.
- Debes dispoñer de información adecuada sobre a existencia de cables de comunicacións ou outros servizos ademais do eléctrico, por se puidesen verse afectados.
- Debes deterche se ao facer a escavación descobres un prisma de formigón, xa que este protexe unha instalación eléctrica.

Ten especial coidado con…
- A provisión de materiais, valos e estadas ou os lumes sobre a traza do cable.
- Non debilitar o terreo ao redor do cable durante as escavacións.
- O derrame de líquidos perigosos (gasolinas, fuelóleos, etc) sobre o cable ou sobre as terras que utilizarás para o tapado.
- Os movementos de terras non deben modificar a profundidade da canalización de cables.
Recomendaciós:
- Se topas cun cable, o maquinista non debe baixar da maquinaria. Se esta funciona, debe separarse do cable ou da fonte de tensión que estea a tocar. Unha vez separada, a maquinaria debe descargarse colocando un obxecto metálico en contacto co solo unha vez afastáronse todas as persoas que estean presentes na zona.
- En caso de incendio non tentes apagar o lume. Se se produce algún dano no cable ou nos revestimentos, avisa a UFD (900 111 999).
Queres descargar a información desta páxina sobre Seguridade ante o risco eléctrico na pesca?