Recoller os datos do causante

Se sabemos ou sospeitamos que o dano foi producido por un terceiro, debemos asegurarnos de recoller todos os datos necesarios para que posteriormente o distribuidor poida reclamar o custo da reparación ao causante.

Se o causante está presente e recoñece a súa autoría, debemos encher o parte de danos e intentar que o asine. Ademais, debemos asegurarnos de tomar os seus datos correctamente:

  • Nomre
  • DNI
  • Empresa (se o dano se produce traballando en nome desta)
  • CIF da empresa (se procede)
  • Enderezo (da empresa, se estivese a traballar para algunha, ou particular)
  • Números de teléfono (da empresa, se estivese a traballar nalgunha, ou particular)
  • Lugar e data dos feitos
  • Enderezo de correo electrónico (se o tivese)
  • Matrícula do vehículo implicado (se o houbese)

Encher os datos do incidente

Despois de tomar os datos do causante, debemos realizar unha descrición detallada do suceso e encher toda a información solicitada nos programas correspondentes.

Para iso, debemos:

  • Describir detalladamente o suceso e a causa, e ser claro coas explicacións
  • Marcar todos os checks das aplicacións que correspondan:
    • Danos de terceiros
    • Incidencia de neutro
  • Tomar todas as fotos necesarias para evidenciar o dano e asegurarse de que se poden ver correctamente
  • Comprobar se o activo danado cumpría coa normativa e anotalo

Se o causante non colabora / non está presente / ou é descoñecido:o

Se o causante non colabora

Tomaremos os datos que poidamos (matrículas de vehículos, nome da empresa en roupa ou vehículos, descrición do causante…), que axuden a identificalo.

En calquera caso, se o causante se mostra violento, NON forzaremos a situación, avisaremos o noso responsable para que informe a autoridade correspondente e esperaremos a que esta se presente no lugar.

Evitaremos todo risco para a integridade física, abandonaremos o lugar en caso necesario e avisaremos o noso responsable mentres se esperan instrucións.

Se o causante non está presente …

Debemos buscar toda a información posible, falando con veciños e comprobando se hai obras ou maquinaria próxima.

Se o causante é descoñecido

Se non conseguimos ningunha información, pero é evidente que foi provocado por un terceiro, avisaremos o coordinador para que este informe á súa vez á distribuidora.