En UFD actuamos de forma proactiva cando se producen sobretensións na nosa rede de distribución que puidesen provocar danos nos teus equipos eléctricos.
UFD ten a súa rede monitorizada 24 horas ao día con equipos rexistradores que nos avisan se se produciu algunha sobretensión que te puidese afectar e así anticiparnos.
Grazas aos nosos sistemas de monitorización, en canto detectamos que se produciu unha incidencia na nosa rede que puidese xerar sobretensións, anticipámonos e contactámoste para saber se se produciron danos nos teus equipos eléctricos e programar contigo a súa reparación.
É moi sinxelo, explicámoscho en poucos pasos:
1. Localizamos a incidencia
- Os nosos técnicos desprázanse ao lugar da incidencia para verificar se se produciu na nosa rede de distribución ou en instalacións que non son da nosa responsabilidade.
2. Avisámoste
- Se a incidencia se produciu na nosa rede, ademais de repoñer o servizo eléctrico, chamámoste* para verificar se se produciron danos nos teus equipos.
- Se a incidencia non se produciu na nosa rede, igualmente enviámosche unha mensaxe por correo electrónico* informándote desta avaría.
3. Atendémoste
- No caso no que a incidencia fose na nosa rede e se producisen danos nos teus equipos, acordaremos contigo* a data e hora que máis che interese para que o noso servizo de asistencia técnica acuda ao teu domicilio.
- Os nosos axentes examinarán os teus equipos e procederán a reparar aqueles que estean danados pola nosa incidencia. No caso no que a reparación non sexa posible, indemnizarémoste. (**)
(*) sempre que dispoñamos dos teus datos de contacto. Animámoste a rexistrarte na nosa Plataforma Dixital de Servizos (Área privada), axudaranos a darche unha mellor atención.
(**) No caso no que recibises un documento de indemnización envíanolo asinado premendo aquí, para que poidamos efectuar o pagamento.
Se tiveches algún dano nos teus equipos eléctricos cuxa orixe cres que puido ser unha sobretensión na nosa rede e non nos puxemos en contacto contigo, podes pór unha reclamación rexistrándote na nosa Plataforma Dixital de Servizos (Área privada), dende o apartado “As miñas peticións”, e aclararémoscho:
Se a reclamación é procedente e, polo tanto, os danos que nos indicas están causados por unha sobretensión na nosa rede, poñeremos en marcha o noso servizo de asistencia técnica.
Se a reclamación non é procedente porque os danos que nos indicas non están causados por unha sobretensión na nosa rede, indicarémoscho para que os poidas reparar polos teus propios medios.