Sabías qué?

As liñas eléctricas que pasan por encima das masas de auga ou próximas a elas, poden supoñer un grave risco na túa xornada de pesca. As canas de pescar de fibra de carbono ou grafito, ou doutros materiais estando molladas ou sucias (fibra de vidro, bambú, kevlar etc.)/ etc.) son condutoras da electricidade. As sedelas de aceiro ou doutros materiais estando poden ser tamén condutores de corrente. Xa que logo, se os aproximas aos cables das liñas eléctricas poden producirse descargas que poden afectarche a ti e ás persoas que estean preto de ti.

Non é necesario tocar directamente un condutor para que se produza unha descarga eléctrica.

Efectos por paso de corrente

  • Morte por fibrilación ventricular
  • Morte por paro respiratorio e asfixia
  • Tetanización muscular (quedar pegado)
  • Queimaduras internas e externas (mortais ou non)
  • Embolias por electrolisis de sángrea
  • Queimaduras en altas frecuencias

Efectos sen paso de corrente

  • Queimaduras por arco eléctrico, proxeccións de partículas etc.
  • Lesiones oftalmolóxicas por arcos eléctricos (conjuntivitis, cegueiras)
  • Incendios e explosións

Distancia de perigo

  • Podes electrocutarte sen tocar un elemento en tensión, xa que con achegar un material condutor (reloxo, hebillas, cadeas, aneis, apeiros…) á fonte de tensión, poderías sufrir os efectos do paso de corrente eléctrica

Buenas prácticas

Consellos para evitar o risco no teu traballo

  • Antes de comezar a pescar localiza visualmente os condutores das liñas. En ocasións o cableado será máis difícil de apreciar pola luz ou a paisaxe.
  • Se hai liñas eléctricas, a medida preventiva máis segura é buscar outra localización para realizar os lances de pesca, dada a súa dificultade e difícil precisión.
  • Se decides permanecer preto dunha liña, a distancia mínima de seguridade debe ser de tres veces a lonxitude da cana.
  • Tes que ter en conta a túa estatura, a túa posición, a lonxitude da cana de pescar así como o nivel de auga.
  • Se acodes a pescar con compañía, advirte da proximidade da liña eléctrica.

 

Que facer en caso de caída dun cable

  • Comunica a incidencia ao 112.
  • Non toques, nin che achegues ao cable, nin ti nin o resto do persoal da zona.
  • Afástache con pasos moi curtos ou dando saltos.

Distancias de seguridade que has de respectar

Antes de decidir pescar en proximidade a instalacións eléctricas, debes coñecer as distancias de seguridade:

  • Visualiza ben as instalacións eléctricas para evitar aproximarche a elas, tanto horizontal como verticalmente.
  • Non se deben invadir as distancias de seguridade das instalacións eléctricas nin co corpo, nin con elementos da maquinaria ou outros equipos xa que son unha prolongación do teu corpo.
  • Se non podes respectar nin garantir estas distancias detén a actividade e contacta coa empresa distribuidora (UFD 900 11 999).
Frame 5944

En caso de dúbida…

paraliza os traballos e ponche en contacto con UFD no 900 111 999. En caso de emerxencia ponche en contacto co 112.

Queres descargar a información desta páxina sobre Seguridade ante o risco eléctrico na pesca?
Descargar en PDF