
A fraude, ademais, representa un acto de insolidariedade, xa que a enerxía que o defraudador subtrae ao sistema recae sobre o conxunto dos clientes que si cumpren coas súas obrigas.
A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece entre as funcións das empresas distribuidoras as referidas á detección e posta en coñecemento de autoridades e clientes das situacións de fraude na rede e nos equipos de medida. O art. 87 do RD 1955/2000 habilita as empresas distribuidoras a interromper a subministración cando detectan situacións anómalas nas instalacións ou equipos de medida.
Como denunciar unha situación de fraude
As denuncias sobre fraude na rede son importantes, porque axudan a manter a seguridade e integridade do sistema e preveñen accidentes. Podes poñer en coñecemento da distribuidora situacións anómalas a través do seguinte formulario.
Este formulario serve unicamente para denunciar situacións de fraude por manipulación irregular das instalacións eléctricas. Se a túa consulta está relacionada con outra cuestión, por favor, accede á nosa área privada e estaremos encantados de poder axudarte. Se aínda non estás rexistrado, levarache só uns minutos e poderás gozar de moitas máis vantaxes. Descúbreo.