Consideracións xerais
Traballos de reforzo
Os traballos de reforzo son aqueles que deben realizarse na rede de distribución en servizo e, polo tanto, os ten que executar o xestor da rede.
Traballo de extensión
Os traballos de extensión son aqueles que poden realizar os solicitantes do proceso de acceso e conexión, e comprenden dende a instalación ata a rede de distribución.
Potencia e datos coincidentes
Os datos de partida do proxecto da túa instalación teñen que incluír a mesma información que na solución de acceso e conexión que che enviáramos dende UFD. Ten en conta que no proxecto debe constar a mesma potencia que che concedemos na comunicación do punto de conexión e acceso. Esta potencia ten que ser a mesma que a potencia instalada da instalación.
Visado ou declaración responsable do técnico
Recorda que é preferible que o proxecto estea visado, pero, en caso de que non o estea, tes que acompañalo dunha declaración responsable do técnico que o elaborou, xunto coa súa sinatura electrónica.
Características técnicas
Recorda que as características técnicas incluídas no proxecto da túa instalación teñen que coincidir cos planos e o seu orzamento.
Proxecto da instalación para ceder
Se na solución de acceso e conexión se inclúen instalacións para ceder á distribuidora (neste caso, UFD), estas deben indicarse no proxecto da instalación.
Proxectos tipo
Recorda que as instalacións de conexión e as instalacións que vaian formar parte da rede deben cumprir os requisitos establecidos nos Proxectos Tipo e Especificacións Particulares de UFD aprobados pola Administración competente, que podes consultar na nosa web. No proxecto (ou a memoria) que elabores debes facer mención expresa ao cumprimento dos proxectos tipo e as especificacións particulares de UFD que se lle apliquen.
Equipos e materiais normalizados
Para simplificar e axilizar os trámites, sería recomendable que teñas en conta os equipos e materiais normalizados e aceptados que che indicamos na nosa web, posto que os sometemos a un proceso de verificación que garante o cumprimento dos requisitos regulamentarios, normativos e das especificacións particulares que lles son de aplicación.
Certificados e ensaios
En caso de que desexes utilizar materiais e equipos non incluídos nesta listaxe, terás que entregarnos unha copia dos certificados e ensaios que evidencien que se axustan aos regulamentos e normas vixentes, ademais de toda a información técnica necesaria para poder validar os devanditos equipos (como son: as follas de datos técnicos, manuais/catálogos, así como planos e esquemas). Nós comprobaremos o cumprimento dos devanditos requisitos e, se procede, aceptaremos que os utilices, sempre que se aseguren as condicións técnicas e de compatibilidade coa rede existente.

- É importante que teñas en conta e que inclúas no proxecto da túa instalación que o centro de seccionamento será de libre acceso dende a vía pública.
- Se na solución de acceso e conexión che indicamos que tes que instalar un telecontrol no seccionamento, tes que incluílo no proxecto da instalación.
- Non esquezas indicar que a envolvente non pode ser común para o centro de seccionamento e o centro transformación.
- Recorda indicar no proxecto como se alimenta a baixa tensión do telecontrol do centro de seccionamento.
- Recorda que, se na solución de acceso e conexión che indicamos que é necesario incluír un telecontrol, debes reflectilo no centro de transformación incluído no proxecto.
- Lembra que debes indicar sempre a localización e os accesos ao centro de transformación.
- Tes que indicar as características técnicas do centro de transformación e a súa envolvente.
- En caso de que o centro de transformación sexa prefabricado, debes indicar que é sen beirarrúa perimetral.
- Non esquezas incluír os planos da obra civil do centro de transformación, así como indicar as distancias dos ocos de ventilación do centro de transformación a ventás e accesos anexos.
- Non esquezas indicar que a instalación é de libre acceso dende a vía pública, segundo consta nos proxectos tipo que tes dispoñibles na nosa web.
- Non esquezas indicar que as dimensións do centro de transformación cumpren coas dimensións mínimas esixidas de acordo cos proxectos tipo que tes dispoñibles na nosa web.
- En caso de que a solución sexa mediante derivación, non esquezas indicar a situación dos pararraios autoválvulas.
- Recuerda que el primer vano de la conexión tiene que ser destensado en caso de que la solución sea en derivación en media tensión.
- No te olvides de indicar las distancias reglamentarias de acuerdo con los proyectos tipo que te indicamos en nuestra web.
- Recuerda incluir en el proyecto, para los apoyos frecuentados, el cumplimiento de las tensiones de paso y contacto y/o las medidas adicionales adoptadas para el cumplimiento de la tensión de contacto.