A continuación, indicámosche algunhas consideracións que che axudarán para levar a cabo o proxecto da túa instalación.

Consideracións xerais

Traballos de reforzo

Os traballos de reforzo son aqueles que deben realizarse na rede de distribución en servizo e, polo tanto, os ten que executar o xestor da rede.

Traballo de extensión

Os traballos de extensión son aqueles que poden realizar os solicitantes do proceso de acceso e conexión, e comprenden dende a instalación ata a rede de distribución.

Potencia e datos coincidentes

Os datos de partida do proxecto da túa instalación teñen que incluír a mesma información que na solución de acceso e conexión que che enviáramos dende UFD. Ten en conta que no proxecto debe constar a mesma potencia que che concedemos na comunicación do punto de conexión e acceso. Esta potencia ten que ser a mesma que a potencia instalada da instalación.

Visado ou declaración responsable do técnico

Recorda que é preferible que o proxecto estea visado, pero, en caso de que non o estea, tes que acompañalo dunha declaración responsable do técnico que o elaborou, xunto coa súa sinatura electrónica.

Características técnicas

Recorda que as características técnicas incluídas no proxecto da túa instalación teñen que coincidir cos planos e o seu orzamento.

Proxecto da instalación para ceder

Se na solución de acceso e conexión se inclúen instalacións para ceder á distribuidora (neste caso, UFD), estas deben indicarse no proxecto da instalación.

Proxectos tipo

Recorda que as instalacións de conexión e as instalacións que vaian formar parte da rede deben cumprir os requisitos establecidos nos Proxectos Tipo e Especificacións Particulares de UFD aprobados pola Administración competente, que podes consultar na nosa web. No proxecto (ou a memoria) que elabores debes facer mención expresa ao cumprimento dos proxectos tipo e as especificacións particulares de UFD que se lle apliquen.

Equipos e materiais normalizados

Para simplificar e axilizar os trámites, sería recomendable que teñas en conta os equipos e materiais normalizados e aceptados que che indicamos na nosa web, posto que os sometemos a un proceso de verificación que garante o cumprimento dos requisitos regulamentarios, normativos e das especificacións particulares que lles son de aplicación.

Certificados e ensaios

En caso de que desexes utilizar materiais e equipos non incluídos nesta listaxe, terás que entregarnos unha copia dos certificados e ensaios que evidencien que se axustan aos regulamentos e normas vixentes, ademais de toda a información técnica necesaria para poder validar os devanditos equipos (como son: as follas de datos técnicos, manuais/catálogos, así como planos e esquemas). Nós comprobaremos o cumprimento dos devanditos requisitos e, se procede, aceptaremos que os utilices, sempre que se aseguren as condicións técnicas e de compatibilidade coa rede existente.

  • É importante que teñas en conta e que inclúas no proxecto da túa instalación que o centro de seccionamento será de libre acceso dende a vía pública.
  • Se na solución de acceso e conexión che indicamos que tes que instalar un telecontrol no seccionamento, tes que incluílo no proxecto da instalación.
  • Non esquezas indicar que a envolvente non pode ser común para o centro de seccionamento e o centro transformación.
  • Recorda indicar no proxecto como se alimenta a baixa tensión do telecontrol do centro de seccionamento.
  • Recorda que, se na solución de acceso e conexión che indicamos que é necesario incluír un telecontrol, debes reflectilo no centro de transformación incluído no proxecto.
  • Lembra que debes indicar sempre a localización e os accesos ao centro de transformación.
  • Tes que indicar as características técnicas do centro de transformación e a súa envolvente.
  • En caso de que o centro de transformación sexa prefabricado, debes indicar que é sen beirarrúa perimetral.
  • Non esquezas incluír os planos da obra civil do centro de transformación, así como indicar as distancias dos ocos de ventilación do centro de transformación a ventás e accesos anexos.
  • Non esquezas indicar que a instalación é de libre acceso dende a vía pública, segundo consta nos proxectos tipo que tes dispoñibles na nosa web.
  • Non esquezas indicar que as dimensións do centro de transformación cumpren coas dimensións mínimas esixidas de acordo cos proxectos tipo que tes dispoñibles na nosa web.
  • En caso de que a solución sexa mediante derivación, non esquezas indicar a situación dos pararraios autoválvulas.
  • Recuerda que el primer vano de la conexión tiene que ser destensado en caso de que la solución sea en derivación en media tensión.
  • No te olvides de indicar las distancias reglamentarias de acuerdo con los proyectos tipo que te indicamos en nuestra web.
  • Recuerda incluir en el proyecto, para los apoyos frecuentados, el cumplimiento de las tensiones de paso y contacto y/o las medidas adicionales adoptadas para el cumplimiento de la tensión de contacto.