1

Solicita a subministración

No apartado As miñas subministracións da Área Privada, poderás solicitar a túa nova subministración.
 Que datos che imos pedir?

– Datos persoais (nome, NIF, correo electrónico e teléfono)
– Datos do Punto de Subministración

Lembra que para que o proceso de solicitude sexa válido, a solicitude debe cumprir en todo momento os requisitos legais.

2

Envía a información requirida

Para estudar a túa solicitude, nalgunhas ocasións imos necesitar información adicional sobre o punto de subministración, polo que te informaremos de todo o que necesitamos que nos envíes.

Poderás enviarnos a información a través da web.

3

Acepta as condicións técnicas e económicas

Cando estudemos a túa solicitude, enviarémosche as condicións técnicas e económicas da obra para poder conectar a subministración, indicándoche os traballos que temos que realizar nós e os que poderás realizar a través dun instalador especializado.

Unha vez que aceptes estas condicións e realices o pagamento, poñerémonos mans á obra.

4

Elixe unha comercializadora, contrata e goza do servizo

Cando rematemos os traballos, avisarémoste de que a túa instalación está lista e informarémoste do CUPS (Código Universal do Punto de Subministración), que é imprescindible para contratar a subministración eléctrica.

Por último, elixe unha empresa comercializadora
(poderás encontralas na web da CNMC, asina o contrato e goza da subministración eléctrica.

Ten en conta que...

…debes cumprir os requirimentos e obrigas que esixe a lexislación vixente para poder conectar a túa instalación

Para solicitar subministracións eventuais

(de duración inferior a 2 meses para eventos, feiras…) é necesario facelo a través do noso teléfono gratuíto 900111999.

Coñece os custos para conectarte á rede ou ampliar a túa potencia

Sempre que solicites a alta dunha nova subministración de electricidade, reactives unha existente ou amplíes a túa potencia eléctrica, tes que pagar os denominados dereitos de acometida, de enganche, de verificación das instalacións e de actuación nos equipos de medida e control, que están regulados polo Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro (artigos 24, 25 e 29). Ler máis

Lexislación vixente

A continuación podes atopar unha lista con parte da lexislación aplicable.

  • Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
  • Real Decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico.
  • Real Decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica
  • Real Decreto 1048/2013>, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.
  • Real Decreto-ley 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
  • Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico.