
Sabías qué?
As liñas eléctricas aéreas próximas ás zonas onde estás a traballar poden supoñer un grave risco na túa actividade.
Usar, na súa proximidade, máquinas (guindastres, pas escavadoras etc.), vehículos (camións con volquete, guindastres, plataformas elevadoras de persoas etc.), equipos de traballo (escaleiras extensibles, de man, estadas metálicas) ou materiais de gran tamaño arame etc.)/ etc.), pode ser moi perigoso.
Se a maquinaria, equipos e outros útiles contactan ou se aproximan ás liñas podes sufrir unha descarga eléctrica.

Efectos por paso de corriente
- Morte por fibrilación ventricular
- Morte por paro respiratorio e asfixia
- Tetanización muscular (quedar pegado)
- Queimaduras internas e externas (mortais ou non)
- Embolias por electrolisis de sángrea
- Queimaduras en altas frecuencias

Efectos sen paso de corriente
- Queimaduras por arco eléctrico, proxeccións de partículas etc.
- Lesiones oftalmológicas por arcos eléctricos (conjuntivitis, cegueiras)
- Incendios e explosións

Distancia de perigo
- Podes electrocutarte sen tocar un elemento en tensión, xa que con achegar un material condutor (reloxo, hebillas, cadeas, aneis, apeiros…) á fonte de tensión, poderías sufrir os efectos do paso de corrente eléctrica.
Boas prácticas
Consellos para evitar o risco no teu traballo
- Antes de comezar a execución dos traballos nas obras de construción analiza os movementos de máquinas, equipos e materiais que puidesen entrar en contacto con liñas eléctricas aéreas.
- Prevé as actuacións necesarias para delimitar ou restrinxir os movementos e desprazamentos das máquinas (guindastres, camións con barquilla ou cesta), de xeito que estas traballen dentro dunhas zonas seguras sen invadir as distancias de proximidade mesmo nas situacións máis desfavorables (máximas elevacións ou desprazamentos das partes móbiles).
- Hai que considerar para o cálculo de distancias de seguridade a oscilación do cable de elevación ou suspensión e descenso de cargas, a rotación das mesmas e os movementos bruscos da barquilla, cesta, guindastres etc., que poden producir oscilacións e achegarse demasiado ás liñas eléctricas.
- Hai liñas eléctricas que transcorren grampadas polas fachadas de edificios, e aínda que sexan trenzadas e conten con illamento, non se consideran illadas. Unha perforación accidental da mesma pode producirche unha descarga eléctrica. Avisa á empresa distribuidora da realización dos teus traballos sobre as fachadas para desvío provisional de liñas ao teléfono 900 111 999.
- Utiliza os dispositivos dos propios equipos que limiten a amplitude do movemento dos seus partes móbiles.
- Coloca obstáculos na zona de traballo que impida achegarse á liña.
- Instala barreiras en altura mediante pórticos para non exceder as distancias.
- Mantén a supervisión permanente do Xefe de Traballo durante estas operacións.
Que facer en caso de caída dun cable
- Comunica a incidencia ao 112.
- Non toques, nin che achegues ao cable, nin ti nin o resto do persoal da zona.
- Afástache con pasos moi curtos ou dando saltos.
Se estás dentro dun vehículo ou máquina cando cae:
- Non te movas, permanece na cabina, manobrando se é posible, para evitar o contacto co cable.
- Ordena que as persoas se afasten o máximo posible dos arredores ata que cese o contacto. E non toquen o vehículo.
- Se o vehículo se incendiase antes de abandonalo comproba que non hai cables no solo, e salta cos pés xuntos, afastándoche a pasos curtos.
- Ao saír da cabina, salta cos pés xuntos o máis lonxe posible, non toques a máquina ou vehículo e o solo ao mesmo tempo.

Distancias de seguridade que has de respectar
Antes de realizar as túas tarefas en proximidade a instalacións eléctricas, debes coñecer as distancias de seguridade:
- Visualiza ben as instalacións eléctricas para evitar aproximarche a elas, tanto horizontal como verticalmente.
- Non se deben invadir as distancias de seguridade das instalacións eléctricas nin co corpo, nin con elementos da maquinaria ou outros equipos xa que son unha prolongación do teu corpo.
- Traballar a certas distancias dun elemento en tensión require unha formación e cualificación específica.
- Se non podes respectar nin garantir estas distancias detén a actividade e contacta coa empresa distribuidora (UFD 900 11 999).


En caso de dúbida…
paraliza os traballos e ponche en contacto con UFD no 900 111 999. En caso de emerxencia ponche en contacto co 112.
Queres descargar a información desta páxina sobre Seguridade ante o risco eléctrico na pesca?