A electricidade ten tres unidades básicas de medida: watts, volts e amperes. Coñecer as diferenzas entre cada unha delas permitirache entender mellor como funciona a enerxía eléctrica.

Watts

Os watts (W) deben o seu nome a James Watt e miden a potencia eléctrica, que é a enerxía subministrada nun espazo de tempo determinado.

Interesarache saber que a potencia que tes contratada para a túa casa mídese en quilowatts (kW) e é a cantidade total de enerxía que podes utilizar ao mesmo tempo por todos os teus aparatos e electrodomésticos.

Se utilizas máis, desconectarase o teu Interruptor de Control de Potencia e terás que reconectalo.

Volts

Os volts (V) chámanse así en honor a Alessandro Volta, o inventor da pila. Miden o potencial de enerxía que pode proporcionarche un determinado circuíto.

Por exemplo, pensemos na voltaxe dun enchufe, que non é outra cousa que o nivel de tensión eléctrica que soporta.

Para instalacións eléctricas domésticas, actualmente adoita fixarse o estándar de 230V (volts), mentres que hai anos eran 220V.

Amperes

Os amperes (A) miden a intensidade dunha corrente eléctrica. Chámanse así polo físico e matemático André-Marie Ampère. Por exemplo, miden a cantidade de enerxía que se moveu entre un enchufe e un aparato enchufado.

Por outro lado, o ampere-hora (Ah) expresa canta enerxía pode circular por un determinado circuíto durante unha hora. Úsase por exemplo para medir a capacidade das baterías eléctricas. Así, a batería do teu móbil ten preto de 3 amperes-hora, polo que se esgotará en canto supere este límite.

Tamén che pode interesar:

Que é a electricidade?
Ler máis
Cal é a diferenza entre corrente alterna e corrente continua?
Ler máis
Instalación monofásica ou trifásica, en que se diferencian?
Ler máis