Diferenciais clase AC. O seu símbolo é
Este tipo de diferenciais son sensibles só a correntes de fuga en alterna. Son os primeiros que saíron ao mercado, e os que como mínimo deben instalarse en calquera instalación doméstica. Funcionan correctamente en instalacións que practicamente non conten con compoñentes electrónicos e que ademais estean situadas en zonas con escasa probabilidade de tormentas. Porén, se a vivenda está situada nunha zona con posibles tormentas estivais con descargas atmosféricas (raios) que provocan sobretensións transitorias e fugas puntuais de corrente a terra, ou se a súa instalación interior dispón de varios receptores con compoñentes electrónicos (electrodomésticos intelixentes, iluminación con regulación ou de baixo consumo, fontes de alimentación, ordenadores, aires acondicionados, equipos de música ou televisión etc.) nos que se poden presentar fugas de correntes continuas pulsantes (que son tan perigosas como as alternas, pero que non son detectadas polos diferenciais de Clase AC), este tipo de diferenciais non son aptos para instalacións con compoñentes electrónicos ou en zonas con presenza de tormentas, onde se produce, ademais, o seu disparo intempestivo polos harmónicos que producen eses mesmos receptores. De feito, hai países, como Alemaña ou Suíza, onde a súa instalación xa non se permite.
Diferenciais clase A, o seu símbolo é
Este tipo de diferenciais son sensibles a correntes de fuga en alterna e en continua, ademais incorporan un filtro de alta frecuencia que mellora o seu núcleo magnético para evitar os disparos intempestivos producidos polos harmónicos que se xeran cando existen varios receptores con compoñentes electrónicos. Estas características fan que este tipo de diferenciais sexan os adecuados para instalacións con receptores con compoñentes electrónicos.
Diferenciais clase A Superinmunizados. O seu símbolo é o
Este tipo de diferenciais son iguais que os de Clase “A”, pero a súa curva de disparo aproxímase aos límites da Norma 61008-1, o que lles permite funcionar correctamente en instalacións con fortes cargas de receptores con compoñentes electrónicos, como son as reactancias electrónicas de iluminación, variadores de velocidade, arrincadores electrónicos e gran cantidade de ordenadores ou equipamento informático.
Este tipo de diferenciais incorporan ademais un circuíto de acumulación de enerxía que diminúe substancialmente os disparos intempestivos, producidos polas fugas puntuais a terra asociadas ás sobretensións transitorias provocadas principalmente por descargas atmosféricas, discriminándoos dun defecto real. Desta forma, este tipo de diferenciais son sensibles a correntes de fuga en alterna e en continua, deste xeito reducen ao máximo os seus disparos intempestivos, polo que este tipo de diferenciais son os máis adecuados para instalacións con receptores con compoñentes electrónicos ou que se sitúen en zonas con presenza de tormentas.
Hai outros tipos de diferenciais, como poden ser: os “Retardados” (Tipo S) para instalación augas arriba doutros diferenciais, os “Industriais” (Tipos B e F) para recarga de vehículos, arrincadores e variadores de velocidade de motores, ou os “Rearmables”, para instalacións desatendidas que precisan garantía de continuidade do servizo, pero xeralmente o seu uso é máis propio de instalacións industriais ou comerciais. Non obstante, nas subministracións domésticas, para maximizar a protección das persoas e evitar os disparos intempestivos, a conclusión é que: