O próximo 1 de xuño modifícase a estrutura de peaxes e cargos da electricidade.

En función da tarifa que teñas contratada coa túa comercializadora, pode que a optimización do teu custo enerxético dependa dos teus axustes de potencia e dos teus hábitos de consumo, polo que é importante que coñezas a nova estrutura de peaxes e cargos.

As peaxes e cargos dependerán do nivel de tensión da subministración e da potencia contratada.

Consumidores domésticos

Cunha potencia contratada menor ou igual a 15 kW en baixa tensión, aplicaráseche a nova tarifa 2.0TD

Terás tres períodos de enerxía con diferentes prezos (períodos punta, chairo e val).

Poderás contratar dúas potencias diferentes, unha para os períodos punta e chairo e outra para os períodos val.

Ao resto de consumidores domésticos en baixa tensión cunha potencia contratada de máis de 15 kW

aplicaráselles a nova tarifa 3.0TD 

Contarán con seis períodos de potencia e de enerxía con diferentes prezos, que variarán en función do día da semana e do período do ano ou tempada.

Consumidores en alta tensión

Aos consumidores en alta tensión, en función da tensión da subministración…

aplicaráselles a nova tarifa 6.1TD, 6.2TD, 6.3TD ou 6.4TD 

Contarán con seis períodos de potencia e de enerxía con diferentes prezos, que variarán en función do día da semana e do período do ano ou tempada.

Recordámosche que…

Para facilitarche a análise e a optimización, rexistrándote na nosa área privada poderás consultar por horas o histórico das túas potencias máximas demandadas e dos teus consumos eléctricos e poderás optimizalos.

Os dous primeiros cambios de potencia en cada contrato serán gratuítos ata maio de 2022. Recomendámosche que consultes coa túa comercializadora de electricidade.

Que podo facer para optimizar o meu consumo?

  •  Trata de axustar ás túas necesidades enerxéticas a potencia que tes contratada
  • Podes reducir a potencia contratada evitando usar varios electrodomésticos ao mesmo tempo.
  • Aumenta o consumo nas horas val, e redúceo nos períodos punta.
  • Consulta a túa potencia máxima e consumo dende a nosa área privada.

Para máis detalle, podes consultar a web da CNMC.

Usas acumuladores de calor?