Antes de empezar...

Os xestores e asesores deben darse de alta como usuario da área privada da nosa web antes de poder recibir a delegación dun punto de subministración. Para iso, non é necesario ningún dato relacionado coas subministracións.

Cales son as diferenzas entre un xestor e un asesor?

Xestor

  • Persoa (física ou xurídica) á que podemos delegar a xestión dun ou máis puntos de subministración durante un período de tempo.
  • Poden facer as mesmas operacións que o titular do contrato de acceso, incluída a modificación de potencia
  • As subministracións só poden ter un xestor. Aínda así, o titular do contrato poderá seguir xestionando todo o referente á subministración.

Asesor

  • Persoa (física ou xurídica) que asesora e axuda en temas de eficiencia de consumo e enerxía
  • Pode consultar os consumos dun ou varios puntos de subministración durante un período de tempo específico
  • Non pode acceder ao resto de funcionalidades da web, só á consulta dos consumos
  • Unha subministración pode ter varios asesores.

  • Como podo crear un xestor ou un asesor?

    Dende o perfil do titular do contrato de acceso do punto de subministración, premeremos en Engadir novo xestor ou Engadir novo asesor, segundo o caso. Se non hai xestores nin asesores asociados previamente, aparecerá en pantalla unha ventá para poder dalos de alta.

    A continuación teremos que encher os campos cos datos do xestor ou asesor.  Para iso, o xestor ou asesor debe rexistrarse previamente como usuario na área privada de UFD.

    Encheremos os datos do xestor: nome, documento identificativo (NIF, CIF ou NIE) e correo electrónico); e premeremos en Aceptar.

    Unha vez creado, mostrarase na listaxe de Os meus xestores ou Os meus asesores, e poderemos delegarlle as subministracións.

  • Como se delegan as subministracións?

    Lembra que…

    Só o titular do punto de subministración pode asignar un asesor ou xestor, pero antes é necesario que o xestor ou asesor teña un usuario rexistrado na área privada de UFD.

    Para delegar nun asesor ou xestor, accede a As miñas Subministracións e, a continuación, a Xestionados por min dende a listaxe dos puntos de subministración. Pódense delegar un por un ou varios á vez, seleccionando os puntos de subministración e, a continuación, premendo Delegar nun xestor ou en Autorizar asesores.

     

     

    Se aínda non hai ningún xestor ou asesor vinculado, mostrarase unha pantalla para dalo de alta. Se xa temos xestores ou asesores asociados, ao premer na ligazón Os meus xestores ou Os meus asesores mostrarase a listaxe dos xestores ou asesores.

    Para vincular un punto de subministración cun xestor ou asesor, marcaremos a subministración e premeremos en delegar nun xestor ou autorizar asesores e abrirase unha ventá coa listaxe de xestores ou asesores que demos de alta e o período da delegación.

    Ademais de elixir o xestor ou asesor desexado, deberás establecer un período de delegación do punto de subministración.

     

     

    Ao premer en Aceptar, vincularanse os puntos de subministración ao xestor ou asesor, e lle chegará un correo electrónico informándoo para que acepte ou rexeite a delegación.

  • Como podo saber se son asesor ou xestor dunha subministración?

    Cando che deleguen unha subministración como asesor ou xestor, recibirás unha notificación no correo electrónico co que te rexistraches na web de UFD.

    Poderás aceptar ou rexeitar a delegación dende o mesmo correoÉ importante aceptar a delegación para poder empezar a traballar coas subministracións.

     

  • Como podo acceder ás subministracións que me delegaron?

    Para acceder ás subministracións que che delegaron, antes deberás aceptar a devandita delegación.

    A partir de entón, ao entrar co teu perfil de usuario na Área Privada, poderás acceder en As miñas subministracións a unha nova pestana chamada Delegados en min. Ao facer clic nesta opción, accederás á lista completa de subministracións ás que tes acceso como asesor ou xestor.

     

  • Como podo modificar os xestores ou asesores?

    Dende o perfil de solicitante ou propietario dunha subministración, é posible modificar os datos dos xestores e asesores accedendo á listaxe de Os meus xestores ou Os meus asesores.

    Só é necesario premer en Editar e modificar os datos, para deseguido premer en Gardar cambios.

  • Podo dar de baixa un xestor ou asesor?

    É importante que...

    os xestores ou asesores non teñan delegados puntos de subministracións activas antes de dalos de baixa.

    Hai dúas formas de dar de baixa un xestor ou asesor:

    • Dende a pantalla de Os meus xestores ou Os meus asesores, seleccionamos aqueles que desexamos dar de baixa e prememos en Dar de baixa.
    • Dende os datos do xestor ou asesor, prememos na ligazón Dar de baixa.

    En ambos os dous casos aparecerá unha mensaxe de confirmación na pantalla, pero se o xestor aínda ten algún punto de subministración delegada haberá que dar de baixa esa delegación para poder finalizar o proceso.