Para tramitar a aceptabilidade, deberás enviarnos, ademais, os seguintes documentos, sempre e cando o teu punto de conexión corresponda a un dos seguintes casos:
- A potencia que solicitas é maior a 5 MW. Neste caso, deberás achegarnos a documentación ao facer a túa solicitude.
- A potencia que solicitas é menor ou igual a MW e o punto de conexión outorgado implica que a potencia total concedida supera 5 MW no devandito punto de conexión (incluíndo o conxunto de xeradores existentes ou previstos). Neste caso, solicitarémosche a documentación tras estudar a solicitude e só se existe acceso e conexión. Polo tanto, non tes que achegala ao facer a túa solicitude
Documento de Aceptabilidade, no formato de Red Eléctrica de España
Podes descargar a última versión do documento na web de REE. Despois de cubrilo, por favor, achégao en formato PDF á túa solicitude na área privada.
- Recorda que debes completar todos os datos obrigatoriose deben coincidir cos informados no resto de documentación inicial (potencia solicitada, potencia instalada, tecnoloxía, datos e nome da instalación)
- Para cubrir o documento, sigue as indicacións que REE describe no propio documento
- Recorda que o formulario ten que estar asinado
- Unha vez cuberto, dálle a Imprimir documentopara convertelo a PDF
Esquema unifilar do punto de conexión á rede de distribución
Ten en conta que:
- Debe estar en formato .pdf
- Debe estar adecuado ás normas técnicas aprobadas
- O punto de conexión indicado no esquema debe coincidir co punto de conexión comunicado polo xestor da rede de distribución e co modo de conexión indicado
Plano de la localización
Localización xeográfica do punto de conexión onde te conectas á rede de distribución. Algúns detalles que nos axudarán:
- Que estea xeorreferenciado
- Que aparezca algún termo municipal
- Que conteña referencias catastrais próximas