No suposto en que executes en calidade de promotor a totalidade ou parte das obras de extensión dende a rede de distribución existente ata o primeiro elemento da túa propiedade, poderíase requirir que achegues a seguinte documentación:

Copia do NIF

Copia do NIF Sociedade/persoa física/Concello/Calquera outra Administración ou Organismo

Fotocopia do DNI

Fotocopia DNI da/s persoa/s autorizadas para a sinatura dos contratos de cesión:

  • Se o cedente é un Organismo Público (agás Concello): Escrito de habilitación ou acreditación do representante do Organismo Público, que será a persoa asinante dos contratos.
  • Se o cedente é un Concello: engadir Acordo Plenario Ordinario ou Extraordinario, no cal manifesten que ceden a UFD Distribución Electricidad, S.A., as instalacións eléctricas obxecto de cesión, así como a porción de terreo ou local que ocupa o Centro de Transformación ou de Seccionamento, segundo se trate. Ademais, deberán declarar que as instalacións discorren por terreos municipais e que a porción de terreo/local é propiedade do Concello.

Copia da escritura de constitución

Copia da escritura de constitución, de elevación de acordos sociais ou poder de representación da sociedade cedente.

Escritura de propiedade

Escritura de propiedade ou nota simple do rexistro da propiedade dos terreos ou locais nos que se instalará o Centro de Seccionamento ou o Centro de Transformación, segundo o caso.

Permisos de afectados

Permisos de Organismos ou particulares afectados pola instalación para ceder (Estradas, Augas…) e licenza Municipal do Concello. En caso de proxectos de urbanización nos que haxa un Centro de Transformación ou de Seccionamento en zonas verdes, achegarase a aprobación por parte do Concello do Proxecto de Urbanización, así como documentación abondo extraída deste que acredite que o tipo e situación das instalacións para ceder que sexan finalmente executadas se corresponden coa rede de distribución prevista no devandito proxecto.

Copia da Autorización Administrativa e Aprobación de Proxecto

Copia da Autorización Administrativa e Aprobación de Proxecto emitida pola Delegación de Industria.

Acta de posta en marcha e copia do proxecto

Acta de posta en marcha da instalación e copia do proxecto presentado para a obtención da APM.

Datos do notario

Datos do notario ante o cal queren realizar a escritura de Servidume de Uso Persoal do/s terreo/s ou local/locais nos que se encontran situados os Centros de Transformación ou Seccionamento ou Subestación.

Certificado final de obra

Certificado final de obra, subscrito por un técnico competente debidamente visado.

Plano do terreo ou local

Plano coas dimensións específicas do terreo ou local sobre o que se constituirá a servidume.

Plano instalacións para ceder

Plano no que se reflictan as instalacións para ceder e as súas características.

CIE

O CIE en caso de Baixa Tensión.

Probas/ensaios

Probas/ensaios de tensións de paso e contacto do Centro de Seccionamento e do Centro de Transformación, onde se reflicta o procedemento realizado e a marca do aparato.

Medidas e ensaios en liñas eléctricas subterráneas

Medidas e ensaios en liñas eléctricas subterráneas antes da súa posta en servizo, segundo as especificacións particulares para instalacións de conexión que indicamos na nosa web.

Medicións de ferraxes

Medicións de ferraxes e neutro do Centro de Seccionamento.

Protocolo de ensaios do transformador

Protocolo de ensaios individuais do transformador.