contadores

En cumprimento do Real decreto 110/2007, polo que se aproba o Regulamento de puntos de medida do sistema eléctrico, estase a levar a cabo unha campaña de comunicación sobre a obriga de substitución de contadores, dirixida a aqueles clientes de rede cunha potencia contratada inferior a 15 kW.

 

O obxectivo desta medida é ter un maior coñecemento dos hábitos de consumo dos clientes, o que permitirá un uso máis eficiente da enerxía eléctrica, así como unha mellor xestión da rede.

Características dos novos contadores

listaPosibilidade de controlar a potencia demandada por parte do cliente.

listaEstes equipos estarán integrados no sistema de telexestión e telemedida da empresa distribuidora, como encargada da lectura.

listaPosibilidade de programar distintas discriminacións horarias. A enerxía acumularase en distintos períodos temporais en función da hora na que se consuma.

Proceso de cambio

A Orde IET/290/2012 (que modifica a ITC/3860/2007) marca como data máxima o 31 de decembro de 2018 para a substitución completa de todo o parque de contadores. Nese sentido, UDF presentou  ás comunidades autónomas da súa contorna uns plans para acometer esa tarefa en tempo e forma.

O cliente poderá optar por instalar un equipo en propiedade ou alugalo por un prezo fixado pola Administración.

Os contadores actuais que sexan propiedade do cliente, e non cumpran coas características esixidas pola lexislación, serán substituídos de acordo co establecido nos plans de substitución anteriormente mencionados.