En cumprimento do Real decreto 110/2007, polo que se aproba o Regulamento de puntos de medida do sistema eléctrico, estase a levar a cabo unha campaña de comunicación sobre a obriga de substitución de contadores, dirixida a aqueles clientes de rede cunha potencia contratada inferior a 15 kW.

Os novos equipos proporcionan aos consumidores máis información sobre a enerxía consumida, o que favorece o aforro e a eficiencia, unha lectura da enerxía con discriminación horaria que facilita a adaptación ás tarifas máis vantaxosas para os diferentes hábitos de consumo, e un mellor servizo e redución de molestias grazas á realización remota das operacións (lectura do consumo, altas, baixas, modificacións ou reconexións) de forma máis áxil.

 

O contador dixital é, no ámbito doméstico, o elemento sobre o que pivota o desenvolvemento das redes intelixentes.

Icona contador branco sobre fondo azul

Proceso de cambio

Ao longo do proceso de cambio habemos substituído 3.610.346 contadores intelixentes domésticos, o 99% dos cales está plenamente integrado no sistema de telexestión.

Cúmprese así o plan de substitución de contadores establecido pola lexislación vixente, e como compañía damos tamén un paso decisivo cara ás redes intelixentes.

Máis información para os clientes

O despregamento dos contadores intelixentes permite mellorar o servizo que prestamos aos consumidores conectados ás súas redes eléctricas.

O contador intelixente recolle os datos de consumo do cliente e transmíteos, a través do propio cable eléctrico con tecnoloxía PLC, ata un concentrador situado no centro de transformación.

Este concentrador envía a información aos sistemas da compañía distribuidora utilizando tecnoloxía sen fíos. As distribuidoras facilitan a información á comercializadora do cliente para a súa facturación e pona á disposición do usuario.

Área privada