RedACTIVA é un proxecto de innovación na automatización da rede de distribución de neutro illado

Que é?
O proxecto RedACTIVA caracterízase polo desenvolvemento de solucións, ferramentas e equipos innovadores que permitan optimizar a automatización da rede de distribución eléctrica de MT/BT para mellorar a operación da rede, optimizando a súa eficacia e efectividade, dando solución a problemas de operación identificados, engadindo funcionalidades a equipos xa despregados e aumentando a calidade do servizo ao usuario final.
Obxectivos e alcance
Evitar o funcionamento en illa
Desenvolver solucións que permitan evitar o funcionamento en illa non intencionado que se produce nos sistemas de xeración distribuída instalados na rede e que son cada vez máis comúns.
Solucións para a ferrorresonancia
Desenvolver solucións que eviten ou mitiguen a aparición do fenómeno de ferrorresonancia na rede de distribución.
Desenvolver novos sensores
Desenvolver novos sensores de tensión/intensidade que permitan ter unha información confiable en tempo real sobre o estado da rede, en lugar de realizar estimacións de estado.
Probar as solucións
Probar as solucións e dispositivos desenvolvidos no proxecto en pilotos a escala de laboratorio e escala real en busca dunha correcta funcionalidade dos novos sistemas e dun acceso máis rápido a mercado.
Localización de defectos
Desenvolver algoritmos específicos de localización de defectos nos diferentes compoñentes das liñas eléctricas.
Mantemento preditivo
Implantar sistemas de detección precoz de faltas na rede de distribución eléctrica que permitan realizar un mantemento preditivo da rede e unha mellor xestión de activos, en prol de aumentar a vida útil dos equipos e optimizar os custos de mantemento/substitución.
Beneficios e logros
Optimizar os labores de automatización da rede de distribución eléctricos en termos de redución de custos e tempo de inspección.
Mellora da calidade do servizo ao poder realizar maiores labores de inspección de liñas como consecuencia da redución dos custos de explotación.
Aumento da seguridade nas inspeccións de liñas ao evitar o funcionamento en illa non intencionado e ao dispoñer vía novos sensores de información confiable en tempo real sobre o estado da rede.
Avances significativos
Estudo do comportamento dunha rede de neutro illado ante situación de falta inversa
Desenvolvementos web e modelado de sistemas de xeración fotovoltaicos en BT referente a detección e de operación en modo illa eléctrica
Testado dispositivo activo para mitigación de ferrorresonancia
Desenvolvemento de soporte lóxico-aplicación coa sensorización dispoñible para os eventos de contadores e concentradores da Telexestión BT
Mecanismo de Financiamento, Feitos Relevantes
Convocatoria RETOS 2015 enmarcada dentro do Programa nacional de cooperación público-privada, do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO).
Duración: Xuño 2015 – Maio 2018
Presuposto financiable: 3 ,5 M€
RedACTIVA: INNOVACIÓN NA AUTOMATIZACIÓN DA REDE DE DISTRIBUCIÓN DE NEUTRO ILLADO
N.º de Identificación do expediente: RTC-2015-4176-3
Ministerio de Economía e Competitividade
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.
Consorcio
O proxecto RedACTIVA consta dun consorcio constituído por 7 entidades:
- Líder: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Empresas tecnolóxicas: Viesgo, Ormazabal e Ingeteam
- Centros Tecnolóxicos e universidades: Circe, Ikerlan e Universidad de Cantabria