O CUPS é o Código Universal de Punto de Subministración, un código alfanumérico de 20 ou 22 díxitos* que identifica de xeito único e permanente todos os puntos de subministración de luz.
As distribuidoras somos as encargadas de xeralo seguindo o formato ESXXXXXXXXXXXXXXAB1P.

Para que preciso o CUPS?
Precisarás sabelo cando queiras:
- Contratar a luz coa comercializadora que elixas
- Ampliar ou reducir a túa potencia contratada
- Cambiar de comercializadora
Como podo saber o meu CUPS?
Podes atopalo doadamente na factura da luz da túa comercializadora.
Ademais, como parte do noso proceso de dixitalización, se a túa subministración está dentro da área de distribución de UFD tamén podes atopar o CUPS na nosa plataforma dixital de servizos, accedendo á túa área privada, no apartado As miñas Subministracións. Se aínda non tes un usuario, podes rexistrarte de xeito sinxelo.
