Podes delegar os teus puntos de subministración nun xestor ou nun asesor, comodamente, dende a Área Privada, accedendo a As miñas Subministracións e a continuación a Xestionadas por min, dende a lista dos puntos de subministración. Pódense delegar un por un ou varios á vez, seleccionando os puntos de subministración e, a continuación, premendo Delegar nun xestor ou en Autorizar asesores.

Lembra que...

Só o titular do punto de subministración pode asignar un asesor ou xestor, pero antes é necesario que o xestor ou asesor teña un usuario rexistrado na Área privada.

 

Se aínda non hai ningún xestor ou asesor vinculado, mostrarase unha pantalla para dalo de alta. Se xa temos xestores ou asesores asociados, ao premer na ligazón Os meus xestores ou Os meus asesores mostrarase a listaxe dos xestores ou asesores.

Para vincular un punto de subministración cun xestor ou asesor, marcaremos a subministración e premeremos en delegar nun xestor ou autorizar asesores e abrirase unha ventá coa listaxe de xestores ou asesores que demos de alta e o período da delegación.

Ademais de elixir o xestor ou asesor desexado, deberás establecer un período de delegación do punto de subministración.

 

 

Ao premer en Aceptar, vincularanse os puntos de subministración ao xestor ou asesor, e lle chegará un correo electrónico informándoo para que acepte ou rexeite a delegación.

Autorización de delegación

 

Se aínda non estás rexistrado, tamén che ofrecemos a posibilidade de solicitalo mediante esta autorización de delegación dun punto de subministración.

 

O teu futuro xestor do punto de subministración pode encargarse de enviárnola, unha vez asinada por ambas as dúas partes, completando o seguinte formulario.