Os usuarios rexistrados poden delegar os seus puntos de subministración nun xestor dende a Área Privada, tal como explicamos aquí.
En caso de que non estean rexistrados, tamén ofrecemos a posibilidade de solicitalo mediante esta autorización de delegación dun punto de subministración.

Como instalador e futuro xestor do punto de subministración, pódenola enviar ti, unha vez asinada por ambas as dúas partes, completando o seguinte formulario e achegando o documento. En caso de que a autorización sexa para máis dun punto de subministración, tamén necesitamos que achegues a listaxe de CUPS que vaias delegar.