Para estar máis seguro no mundo cibernético, é mellor que sexas desconfiado e non facilites os teus datos nin moito menos pagues nada se non estás completamente seguro de que non é unha fraude.

Isto podes aplicalo tamén a aqueles casos nos que che reclaman unha débeda por impagamento dalgunha factura. Para empezar, tes que asegurarte de que quen che está a reclamar a débeda é realmente quen di que é, e de que, efectivamente, tes unha débeda con eles.

Hoxe queremos darche un consello relacionado con débedas por impagamento de facturas de consumo eléctrico. Nós, como UFD, nunca reclamamos débedas de consumo eléctrico porque, como distribuidora, non nos encargamos das facturas do teu consumo mensual de electricidade. Diso encárgase a comercializadora.

Nalgúns casos, pero non é o habitual, si cobramos pola parte de uso da nosa rede eléctrica (peaxes e cargos), pero nunca polo consumo. Ademais, son casos moi específicos e teríanolo que solicitar previamente. O máis habitual é que o cobramento polo uso da rede tamén o recibas a través da túa comercializadora.

Se é por unha débeda do teu consumo eléctrico, nunca pagues nin premas en ningunha ligazón, consúltanos!

Si poderiamos reclamarche unha débeda por algún outro servizo que contratases connosco, por exemplo, unha conexión á rede eléctrica, un aumento da túa potencia contratada ou unha modificación do trazado dunha liña eléctrica da túa instalación.

Ante calquera dúbida, non contestes a mensaxe nin premas en ningunha ligazón, por favor, contacta connosco polas nosas canles oficiais e indicarémosche se é un correo ou SMS lexítimo ou non.

Queremos axudarche!