Cando podes cancelar un expediente?
Sempre que non esteas interesado en seguir adiante coa solicitude de conexión, mentres o expediente non estea finalizado.
Se solicitas a cancelación antes do cobramento, non supón ningún problema. Con todo, se xa o aboaches, será necesario comprobar se procede a devolución do importe íntegro ou se, pola contra, xa incorremos nalgún tipo de custo (de elaboración de proxecto, de tramitación, execución…) e, polo tanto, a devolución sería parcial.
Nalgunhas ocasións, unha vez que realizamos o cobramento e empezamos a tramitar as licenzas e permisos, podemos atoparnos que a obra non é executable tal e como se proxectara. Nese caso, temos que valorar as alternativas e poñernos en contacto contigo para informarte da situación.
- Se non é posible executar a obra, comunicarémoscho para que nos indiques os datos necesarios para a devolución.
- Se a alternativa ten outro custo (maior ou menor), tamén cho comunicaremos para que nos confirmes se queres que sigamos adiante co expediente e enviarche unha nova valoración. Se o importe da nova valoración é maior, podemos reter o importe aboado e que só pagues a diferenza. Se a segunda valoración é máis económica, será necesario que nos achegues os datos bancarios para devolverche a diferenza.
Se no teu expediente se aplicou baremo, na cancelación a devolución terá que ser polo total da valoración.
Só se poderá cancelar un expediente que non se finalizase. Se o expediente está pechado e coa obra completa executada, non poderá cancelarse e non procedería a devolución de ningún importe.
Para solicitar a devolución dun importe pagado nun expediente que foi cancelado, podes facelo dende a túa área privada (nas Miñas Peticións) ou utilizar calquera das nosas canles de contacto:
Teléfono

Atención xeral gratuíta
900 111 999
Correo postal

Apartado de Correos nº 622
15080 A Coruña
Que documentación che solicitaremos?

Xustificante de pagamento

Documento identificador

Certificado da conta bancaria onde queres recibir a devolución
Como recibirás a devolución?
Unha vez que nos envíes a documentación, revisarémola e, se é correcta, confirmarémosche que aceptamos a devolución e farémosche unha transferencia bancaria co importe.