En UFD traballamos cada día para dixitalizar e mellorar os servizos que che ofrecemos como usuario da nosa rede. Na nosa plataforma dixital de servizos xa podes consultar e xestionar os teus puntos de subministración, pero sabes que precisas para rexistrarte como usuario e ter acceso a todos os servizos?

  • Como me rexistro como usuario?

    Para rexistrarte na Área Privada solicitarémosche os seguintes datos:

    • Nome e apellidos / Razón social
    • Teléfono
    • Correo electrónico
    • Documento identificativo (NIF/CIF/NIE)
    • Contrasinal

    Tras introducir os datos enviarémosche un email. É moi importante que fagas clic en Acceso á área privada para confirmar o teu correo e finalizar así o rexistro.

  • Esqueciches o teu contrasinal?

    Se esqueciches o teu contrasinal, podes solicitar cambialo na páxina de recuperación. Pedirémosche o nº de documento identificativo e o correo electrónico cos que te rexistraches na área privada. Unha vez feita a solicitude, enviarémosche un email para que poidas cambiar os teus datos de acceso.

     

    Para poder recuperar o contrasinal é importante asegurarte de que, no momento de darte de alta, valides o teu correo electrónico facendo clic no email que che mandamos tralo teu rexistro.

    Despois de solicitar a recuperación de contrasinal, recibirás un correo ao email validado no teu rexistro cunha ligazón para cambiar o teu contrasinal:

  • Xa me rexistrei e son o titular do contrato, que fago agora?

    Se es o titular do contrato, unha vez rexistrado deberás vincular o teu usuario aos teus puntos de subministración a través dun dos teus CUPS ou do número de solicitude.

    Unha vez que asocies o CUPS ao teu usuario, terás acceso aos datos do punto de subministración, aos datos xerais e ao apartado O meu consumo. Se tes varios CUPS, amosarase a listaxe completa dos teus puntos de subministración para que poidas elixir cal consultar.

  • Como delego puntos de subministración a terceiros (xestor ou asesor)?

    Ás veces pode ser útil delegar a consulta ou xestión dunha subministración a terceiras persoas, como no caso de inmobles alugados ou de situacións familiares particulares.

    Existen dous tipos de delegacións na nosa área privada. Explicámosche as diferenzas e como delegar o teu punto de subministración neles.

  • Xa me rexistrei para ser xestor ou asesor, que fago agora?

    Se non es o titular do contacto, poderás solicitar novos puntos de conexión e xestionar aqueles que che fosen delegados como xestor ou asesorExplicámosche paso a paso como converter o teu usuario en xestor ou asesor.