Incorporamos a Intelixencia Artificial á inspección de liñas aéreas

Innovación

Seguimos avanzando na nosa aposta pola dixitalización e, por iso, asinamos un acordo con eSmart Systems para dixitalizar e automatizar o proceso de inspección das nosas liñas eléctricas aéreas.

Grazas á plataforma de eSmart Systems, Grid Vision, poderemos desenvolver inspeccións máis seguras e precisas, ademais de facelas máis sostibles e cunha menor pegada ambiental, eliminando desprazamentos innecesarios ás instalacións en campo, reducindo os voos de helicóptero e os traxectos en coche.

Non perdas este vídeo onde che contamos en que consiste este importante cambio na inspección das nosas liñas eléctricas e que vantaxes ten. Dálle ao play!

Trátase dun paso máis cara a un novo paradigma na operación e o mantemento da nosa rede de distribución de electricidade. Apostamos pola dixitalización dos nosos activos e procedementos e, para iso, innovamos e desenvolvemos continuamente novas iniciativas.

En UFD, estamos a construír un futuro máis sostible para todos!