Hai un tempo, contámosche que é unha empresa distribuidora de electricidade como UFD e que actividades realizamos, así como as diferenzas entre unha distribuidora e unha comercializadora.
Aprende a navegar connosco
En UFD, avanzamos cada día para facilitar as túas xestións connosco e axudarche a xestionar a túa subministración eléctrica de forma rápida e sinxela, dende o teu ordenador ou o teu móbil.
Volven as solicitudes de acceso e conexión de xeración e autoconsumo
Tes pensado poñer en marcha unha instalación de xeración ou de autoconsumo? Entón interesarache saber que reactivamos as solicitudes de acceso e conexión á rede para estas instalacións.
Apostamos por unha rede integrada, optimizada e máis flexible!
As redes eléctricas estanse transformando para responder aos retos que presenta a transición enerxética e as novas demandas dos consumidores. A integración eficiente dos recursos enerxéticos distribuídos (demanda, almacenamento, vehículo eléctrico, xeración renovable e distribuída…) supón un reto e require desenvolver un modelo de distribución máis descentralizado, dinámico e flexible, o cal pasa por unha maior dixitalización da xestión da rede e das relacións cos devanditos recursos.