Cadro xeral de mando e protección

Conxunto de aparatos que se colocan nunha instalación individual, dentro do lugar da subministración, co fin de protexer o cliente de calquera anomalía que se produza na devandita instalación. Está composto do interruptor diferencial e dos interruptores automáticos. Aloxa todos os dispositivos de seguridade, de protección e de distribución da instalación interior.