Enerxía reactiva

Enerxía eléctrica na que as características de tensión e intensidade están desfasadas 90 graos. Non producen traballo útil, aínda que é necesaria para o funcionamento de determinados receptores, como motores ou luminarias. A demanda excesiva de enerxía reactiva pode ser compensada mediante a instalación de equipos de compensación de enerxía reactiva ou baterías de condensadores.