Flicker

É a percepción da variación da luminosidade dunha lámpada, ocasionada por flutuacións de tensión na rede eléctrica. Depende fundamentalmente da amplitude, frecuencia e duración das flutuacións de tensión que o causan. Non adoitan ter unha amplitude superior ao 10%, polo que moitos equipos non se ven afectados por elas.