Lectura das subministracións por ruta de lectura

Cada subministración está dentro dunha ruta de lectura determinada e ten a mesma periodicidade de lectura e facturación. Con carácter xeral, as rutas de lectura en subministracións en Baixa Tensión son bimestrais, aínda que se poden dar as seguintes excepcións: As subministracións con aparato maxímetro instalado, lense e facturan mensualmente. As subministracións que teñan un alto consumo e que, por acordo de ambas as dúas partes, se len e facturan mensualmente. As subministracións situadas en medio rural e que se encontren xeograficamente moi dispersos e teñan baixo consumo, lense e facturan cuadrimestralmente. As subministracións situadas en medio rural e que teñan problemas de acceso en determinadas épocas do ano por motivos climatolóxicos, lense e facturan cuadrimestralmente. En ocasións, o período de lectura e facturación pode verse alterado por distintos motivos. Entre eles: Alta de contrato dentro do período de lectura e facturación. Cambio de modo de contratación. Levantamento de contador por reforma no predio ou vivenda, ou avaría do equipo de medida.