Punto eléctrico no que conflúen tres ou máis liñas eléctricas ou transformadores co mesmo nivel de tensión. Tamén terá consideración de nó eléctrico aquel punto no que, tras realizar unha apertura do circuíto para conectar un novo suxeito, finalmente conflúan tres ou máis liñas eléctricas ou existan transformadores.