Tamén chamado interruptor de control de potencia (I.C.P.).

Aparato que limita a potencia máxima que se pode utilizar nunha subministración, de acordo co contrato. O real Decreto 1454/2005 do 21 de decembro de 2005, establece que todas as subministracións deben ter instalado algún elemento de control de potencia ou ICP. Este interruptor desconecta a instalación cando a suma das potencias demandadas polos aparatos que se encontran funcionando á vez supera a potencia contratada. Sitúase xunto ao cadro xeral de mando e protección e inmediatamente antes del.